Carral vivirá un mes de setembro cheo de risas e humor. Todo grazas aos Venres de Monólogo que traerán, entre o 14 e o 28 de setembro a tres monologuistas que arrincarán, sen dúbida, as gargalladas do público carralés.
A primeira actuación terá lugar o venres 14 de setembro, no edificio social Toñito Espiñeira ás 21.00 horas. Pedro Brandariz será o encargado de romper o xeo co seu espectáculo Technologies, unha peza humorística na que o autor abordará a vertixinosa evolución das tecnoloxías cotiás.
Caxoto tomará o relevo a Brandariz tan só unha semana despois co seu espectáculo Que morro!!!, un percorrido polas fontes da tradición oral, a historia e a literatura de Galicia.
Por último, humorista Tito Rober será o encargado de poñer o broche final ao ciclo de monólogos carralés. Farao con Vida e miragres do zume de laranxa.
Todas as actuacións terán lugar no edificio social Toñito Espiñeira ás 21.00 horas. A entrada é libre ata completar o aforamento, e non se permitirá o acceso unha vez que comece a función.
Noite de cinema no Campo da Feira
En paralelo ao ciclo de monólogos, Carral organizará este sábado, 15 de setembro, a proxección da película Pérez, o ratiño dos teus soños. Este filme, que recibiu o Goya como Mellor Película de Animación, é apta para todos os públicos. Esta actividade forma parte do programa de dinamización lingüística Redecinema 2018, impulsado pola Secretaria Xeral de Política Lingüística. A proxección terá lugar ás 21.00 horas no Campo da Feira de Carral, e no caso de que chova, trasladarase ao Toñito Espiñeira.
O sábado 15 de setembro terá lugar a proxección do filme Pérez, o ratiño dos teus soños
A Concellería de Cultura do Concello de Carral ofrece este sábado, 8 de setembro, no marco das Festas do Socorro, ao Mago Antón con “A volta a Galicia en 313 concellos”. É un esp
ectáculo que realiza no “magomóbil”, un trailer especialmente preparado para acoller as súas funcións de” maxia de preto” con 70 espectadores no interior, e no que repasa algúns dos seus mellores xogos de maxia.Realizará 6 funcións ao longo do día: 12:00, 13:00, 17:00, 18:00, 19:00 e 20:00 h. O espectáculo é para público familiar, desde os pequenos ata os avós. O magomóbil estará instalado na rúa do Campo da Feira, a carón da igrexa.
Para cada función, as persoas interesadas deberán obter previamente as entradas. Son de balde e pódense retirar na Casa da Cultura o xoves e o venres de 9:00 a 13:00 h, e o sábado no bochinche da festa.
Para este espectáculo o Concello de Carral conta coa colaboración do programa Cultura no Camiño que promove a Xunta de Galicia a través de Agadic.
As Concellerías de Deportes, Cultura e Educación ofertan máis de 40 de actividades para este novo curso. Read more
David Castro e Alejandro Vázquez álzanse de novo co título de campións neste III torneo municipal de pádel por parellas e Borja Gestal fai o propio no XV Torneo de tenis de verán. Read more
Un total de 45 nenos e nenas participaron das clases que se impartiron durante o mes de agosto. Read more
O Concello de Carral acaba de adquirir un novo tapiz para a escola municipal de ximnasia rítmica por importe duns 4.300 euros. O goberno local renova así parte do mobiliario que utiliza, non só esta escola, senón tamén o Club de Ximnasia Rítmica de Carral.
Este tapiz, que conta cunhas dimensións de 14×14 metros, cunha greca de 50 centímetros e un grosor de 1,5 centímetros aproximadamente, substituirá ao antigo, que xa tiña dez anos. Este chan servirá para que as novas ximnastas fagan unha práctica máis profesional deste deporte.
Este novo chan garantirá unha práctica máis profesional deste deporte
A ximnasia rítmica é unha das actividades que mellor funciona en Carral. Tanto é así, que este último curso foron 65 as alumnas que tomaron parte na práctica deste deporte na escola do municipio.
O terceiro ciclo de Músicas Íntimas – Concertos na Piscina presenta esta fin de semana dous espectáculos de estilos diferentes.
Rosa Cedrón abre o ciclo o sábado 1 de setembro cun concerto a dúo. A súa voz gravou innumerables cancións. Converteuse en buque insignia dunha nova xeración de músicos que coidaron cada detalle, cada nota, cada expresión, imprimindo modernidade na tradición. Actualmente é unha das voces máis internacionais de Galicia de todos os tempos.
Pola súa banda o cantautor Pepe Piña trae no seu repertorio cancións propias e moitas versións que todo o público recoñece e aplaude. Os seus concertos convértense en festas. Pepe Piña sube ao escenario o domingo 2 de setembro.
Ámbolos dous concertos comezarán ás 22:00 h. A entrada é libre e o aforo limitado. Músicas Íntimas lévase a cabo nun recuncho moi acolledor da piscina municipal de Carral.
Para levar a cabo este ciclo, o Concello de Carral conta coa colaboración da Deputación da Coruña coa súa Rede Cultural e de Agadic co programa Cultura no Camiño.
Coa vista posta no inicio do próximo curso escolar, o Concello de Carral leva traballando, desde principios de mes, nalgúns dos centros educativos do termo municipal. En concreto, na escola unitaria de Tabeaio, na escola infantil A Galiña Azul e no Vicente Otero Valcárcel.
O Concello está a acometer estes traballos de mantemento atendendo ás demandas do equipo directivo de cada centro. Segundo indicou a tenente de alcalde, Florinda Duarte Gerpe, “o obxectivo é que a meirande parte destes labores se rematen antes de que comecen as clases”.
Traballos de axardinamento en Tabeaio
Na escola unitaria de Tabeaio proxéctanse varias actuacións. Non só se realizarán diversos traballos no exterior do centro como a mellora da zona axardinada, o arranxo de varios canlóns e o remache das paredes externas da escola, senón que se acometerán varias intervencións no interior. Entre elas destaca o pintado de varias paredes das aulas, corredores e do baño, así como a colocación de estores nas xanelas. O prezo total destas cortinas ascende a 1.000 euros. Ademais, o goberno local estuda a posibilidade de dotar ao centro cun arcón exterior para que os alumnos poidan gardar os xoguetes.
Novo peche para a pista polideportiva no Vicente Otero
Pola súa banda, no Vicente Otero Valcárcel os traballos foron máis numerosos. Unha das actuacións máis importantes será a renovación do peche actual da pista polideportiva. Esta instalación é unha das máis frecuentadas polo alumnado, polo que o Concello ve esta intervención como prioritaria.
Así mesmo, a colocación dunha fonte nas inmediacións do pavillón será, sen dúbida, outra das novidades máis importantes. Esta fonte, que custou ao redor de 400 euros, será instalada nas próximas semanas.
A colocación dos mastros para as bandeiras (por importe de 630 euros), a revisión e arranxo dos baños, a instalación de luces nalgúns servizos e o pintado das aulas de 5º e 6º de primaria son só outros dos traballos que se están levando a cabo no colexio. Igualmente importantes son outros traballos de mantemento como a substitución do mobiliario que se atopa en peores condicións. A colocación de persianas venecianas e estores (cuxa adquisición valeu sobre 1.500 euros) é outra das melloras que o Concello implementará no Vicente Otero.
Un lavado de cara para A Galiña Azul
Na escola infantil A Galiña Azul están a realizarse tamén diversos labores de mantemento. Dentro da lista de actuacións, destaca a pintado da aula Azul, da aula Vermella, da aula Lila e do corredor de acceso a esas clases. Así mesmo, instalarase unha varanda na escaleira do centro.
Segundo sinalou Duarte, ” estanse atendendo a meirande parte dás demandas solicitadas polos centros, dándolle máxima prioridade ás máis urxentes”.
Pintado das aulas na Galiña Azul
O xogador do club Xiria de Carballo, fíxose co título de campión na categoría absoluta nunha apertada última rolda. Read more