cartel queixo-001

Campaña informativa de xestión dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos
Stand informativo no Campo da Feira
Días 22 e 23 de marzo de 2018
De 11 a 2 e de 4 a 7

raee

O Concello de Carral organiza unha excursión para o colectivo da 3ª Idade que visitará Portugal o día 7 de abril.Cartel Excursión a Portugal 2018.

O prazo para anotarse está aberto ata o 1 de abril. As persoas interesades deberán achegarse ata a Casa da Cultura para formalizar a súa inscrición. Ten un prezo de 20 € para pensionistas e membros do centro da 3ª Idade de Carral e 28 € para as restantes persoas.

O programa da viaxe comprende a visita ao feirón de Vila Nova de Cerveira, xantar no restaurante Afonso e visita á Fortaleza de Valença.

No DOG nº51 de hoxe, 13 de marzo de 2018, publícase a convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (niveis 1, 2, 3 e 4) para o ano 2018

As datas de realización das probas son:
Celga 4: 26 de maio de 2018.
Celga 2: 27 de maio de 2018
Celga 3: 2 de xuño de 2018.
Celga 1: 3 de xuño de 2018.

Máis información no SNL do Concello ou no 981670002.

AnuncioG0164-070318-0001_gl (1)

A OMIX (oficina municipal de información xuvenil) organiza unha excursión a Asturias o 17, 18 e 19 de maio. Durante estes tres días os/as participantes poderán realizar diferentes actividades, coma descenso en canoa, espeleoloxía ou multiaventura (tirolina, pontes colgantes, rappel…), así coma visitar o museo xurásico de Asturias.
A actividade está diseñada para rapaces e rapazas a partir de 12 anos e o prezo e de 170 € por participante (en dous pagos), e no que se inclúe o transporte, a manutención, o aloxamento, as actividades que se realicen, e os/as monitores/as.
O prazo de inscrición remata o 22 de marzo e as prazas son limitadas.
Podes pedir máis información ou anotarte na Casa da Cultura.

Imaxe (cartel)

MARTES 27 DE FEBREIRO AS 19:00 H
CASA DE CULTURA
Para participar no deseño do futuro sostible do teu concello
Máis información no servizo de medio ambiente do concello 981670002
Cartel_taller_Carral_27feb

Cartel documental sobre os Mártires.Nair Arias Fernández, alumna do Grao de Historia do Arte da USC que realiza prácticas no Concello de Carral, ofrecerá unha charla sobre a historia do monumento dedicado aos Mártires de Carral. Fará un repaso polos feitos acontecidos no alzamento de 1846 e polo proceso que existiu para a construción do monumento.

A charla terá lugar na Casa da Cultura, o mércores 28 de febreiro, ás 20:00 h. A entrada é libre.

Esta actividade enmárcase no convenio de colaboración  subscrito entre a Universidade de Santiago e o Concello de Carral para que alumnos dos graos e postgraos de Historia e Historia da Arte realicen as súas prácticas xunto a persoal municipal.

O día 6 de febreiro de 2018 publicouse no DOG número 26 a Resolución do 25 de Xaneiro, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas CELGA.

Máis información no SNL do Concello ou no 981670002

RESOLUCIÓN GAL.

El Instituto Galego de Vivenda e Solo, publica:

DOG nº15 del lunes 22 de enero de 2018

Ayudas a personas inquilinas afectadas por ejecuciones hipotecarias de las viviendas arrendadas

Plazo: abierto todo el año

Más información en el servicio de Medio Ambiente del Concello o en el teléfono 981670002.

Logo perfil Facebook - ADMINISTRACIÓN

ayudas alquiler

O Instituto Galego de Vivenda e Solo, publica:

DOG nº15 do luns 22 de xaneiro de 2018

Axudas ás persoas inquilinas afectadas por execucións hipotecarias das vivendas arrendadas

Prazo: aberto todo o ano

Máis información no servizo de Medio Ambiente do Concello ou no teléfono 981670002.

Logo perfil Facebook - ADMINISTRACIÓN

axudas aluguer