MES DO LIBRO NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS

A Concellería de Cultura do Concello de Carral ten programado durante o mes de abril unha serie de actos para conmemorar o mes do libro. Novas lecturas, contacontos, música , cine e teatro

Pablo Díaz estará en Carral bibliotecas-bibliotecas-4850co seu espectáculo “Cantacontos para bebés”, actividade encadrada dentro do programa “Ler Conta Moito” da Consellería de Cultura. Será o 25 de abril ás 5 da tarde na Biblioteca Pública Municipal (Casa da Cultura) Esta actividade ten aforo limitado e é necesario recoller as entradas na Casa da Cultura, a partir do 20 de abril.

O 22 e 23 de abril os nenos e nenas de infantil do CPI Vicente Otero e da escola Unitaria de Tabeaio virán a visitar a biblioteca onde os agardará o contacontos Caxoto. 

Os nenos e nenos da escola infantil A Galiña Azul tamén están a facer visitas á biblioteca infantil.

O venres 24 de abril levarase a cabo o obradoiro “O pequeno artesán do libro”, na biblioteca pública municipal ás 18:00 horas.

Os usuarios poden gozar xa dun novo rincón de lectura, un lugar axeitado para ler a prensa e para relaxarse gozando dos libros. Ademáis terán á súa disposición as últimas novidades tanto en literatura para adultos como para nenos e nenas e o mellor cine, na nosa sección de audiovisuais. Son un importante número de obras as que acaban de chegar ó noso fondo.