,

CONVOCATORIA PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA

Publicada no DOG, a día 4 de setembro, a convocatoria para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4. 

O prazo para matricularse comprende do 5 ao 25 de setembro. As probas terán lugar na segunda quincena de novembro ou na primeira de decembro de 2023 en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

Máis información no servizo de Normalización Lingüística do Concello e na páxina https://www.lingua.gal/portada. Nesta páxina tamén están dispoñibles cursos de autoformación para preparar as probas.

Consulta a información aquí.