O CONCELLO ABRE O TERCEIRO PRAZO DE INSCRICIÓN DAS SÚAS ESCOLAS DEPORTIVAS, CULTURAIS E EDUCATIVAS
Carral abrirá o vindeiro luns, 8 de xaneiro, o terceiro prazo de inscrición das súas escolas deportivas, culturais e educativas. En total, ofertaranse preto de 90 prazas entre as distintas actividades, dirixidas a veciños e veciñas de todas as idades.
A oferta inclúe as seguintes propostas: zumba, equitación, baloncesto, atletismo escolar, judo escolar, patinaxe escolar, pádel, ioga, ximnasia para a 3ª idade (en Tabeaio e Carral), baile moderno, cociña divertida, debuxo e pintura e Fun English. Así mesmo, quedan tamén prazas vacantes na Escola de Música de Carral.
As persoas interesadas deberán dirixirse á Casa da Cultura ou enviar o formulario de inscrición dispoñible na páxina web ao correo casadacultura@carral.es . Poderán facelo desde o luns, día 8 (desde as 9.00 horas) ata o xoves, 11 de xaneiro (ata as 23.59 horas).