A CONCELLERÍA DE CULTURA PUBLICA UNHA GUÍA DOS CRUCEIROS DE CARRAL
A Concellería de Cultura do Concello de Carral, en colaboración coa Universidade de Santiago, ven de publicar na páxina web municipal unha guía sobre os cruceiros de Carral.
A guía, elaborada por Guillermo Alcalde Souto, Pablo Mosquera García e Carlos Lorenzo Pérez, ofrece información dos cruceiros de Tabeaio, Sergude, Cañás, os dous de San Vicente de Vigo, Paleo, Quembre, Sumio, Rubieiro, Beira e As Travesas. A publicación dá detalles da súa localización e das principais características construtivas e artísticas, engadindo múltiples fotografías. Ademais, a guía ofrece unha descrición xenérica dos cruceiros e do significado que se lles outorgan na cultura galega.
Este documento é produto da colaboración que ven mantendo o departamento municipal de Cultura e a facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela, consistente no acollemento de alumnado en prácticas dos últimos cursos dos graos de Historia e Historia do Arte, desenvolvendo proxectos dirixidos polo técnico municipal de Cultura encamiñados á investigación e recuperación do patrimonio inmaterial e histórico.
A guía dos cruceiros de Carral pódese descargar no apartado de Cultura da páxina carral.es.