,

INFORMACIÓN PARA A REALIZACIÓN DE CACHARELAS, SARDIÑADAS E/OU CHURRASCADAS EN SAN XOÁN

O Concello de Carral publica toda a información relativa á realización de cacharelas, sardiñadas e churrascadas durante a noite do 23 ao 24 de xuño, coincidindo co San Xoán.

Para a realización de cacharelas e/ou sardiñadas e churrascadas en espazos públicos deberase solicitar a oportuna autorización municipal. A autorización deberá incluír o DNI da persoa responsable, que terá que ser maior de idade, así como o lugar do emprazamento (Anexo I).

En caso de que se realice en espazos privados, a persoa responsable deberá presentar comunicación previa (Anexo II).

As persoas interesadas poderán realizar a súa solicitude no rexistro xeral ou na sede electrónica municipal antes das 13.00 horas do 20 de xuño.