CARRAL ABRE O PRAZO PARA ANOTARSE NOS CURSOS DE NATACIÓN DO MES DE AGOSTO

Máis de 50 nenos e nenas participaron nos cursos de natación durante o mes de xullo

Un ano máis o Concello de Carral ofertará cursos de natación para nenos e nenas de entre 3 e 15 anos durante o mes de agosto.

Os alumnos distribuiranse en grupos segundo as idades, e dentro de cada grupo estableceranse os niveis de iniciación e de perfeccionamento. Impartiranse en horario de mañá, entre as 12.00 e as 14.00  h segundo os grupos, gardando sempre a premisa de que os maiores acudirán nas primeiras horas da mañá e os máis pequeniños ás últimas horas. As clases serán impartidas por monitores especialistas, e terán unha duración de 45 minutos por sesión de luns a venres, sempre coa presenza dun socorrista. O prezo do curso será de 28 €/alumno todo o mes.

O prazo para anotarse nestes cursos vai desde as 9.00 h do 16 de xullo ata as 12:00 h do 24 de xullo. A inscrición poderase formalizar a través do formulario web ou en persoa no Complexo Deportivo de Carral (678.88.33.47 – complexo.deportivo@carral.es).