ÁBRESE O SEGUNDO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO 2024-2025 DAS ACTIVIDADES MUNICIPAIS DE CARRAL

O Concello de Carral abre un segundo prazo de inscrición no programa das escolas deportivas e socio- educativas para aquelas actividades nas que quedaron prazas vacantes. Son un total de 95 novas prazas para un total de 18 actividades/grupos. Os interesados poderanse inscribir nas ofertadas dende ás 9.00 h do luns 7 de outubro.

O prazo pecharase o día 10 de outubro ás 14.00 h. Os alumnos/as inscritos serán contactados polos departamentos municipais correspondentes e poderán incorporarse ás correspondentes actividades dende o luns 14 de outubro.