PRESENTACIÓN OBRADOIRO DE EMPREGO “Atención á dependencia no fogar e nas institucións”
O dia 1 de setembro comeza o Obradoiro de Emprego “Atención á dependencia no fogar e nas institucións” con alumnado desempregado pertencente a cada un dos concellos que forman o proxecto financiado pola Conselleria de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo, que son Abegondo, Bergondo, Mesía e Carral. A inauguración realizouse ás 11 da mañán coa presencia da Conselleira de Traballo e Benestar Dona Beatriz Mato Otero e os Alcaldes dos respectivos municipios.
Durante 6 meses e cun contrato de formación aprendizaxe o alumnado participará nas accións que se impartirán nos distintos locais dos concellos promotores e as prácticas en distintos centros institucionais e domicilios. No caso de Carral se impartirán as clases no Centro de formación Antón Fraguas.
Especialidades que se imparten:
Atención sociosanitaria a persoas no domicilio
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
Unha formación cun nicho de emprego importante e co cal se acadará un alto porcentaxe de inserción laboral.