CARRAL ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A CAMPAÑA DE ESQUÍ 2016

A viaxe será organizado pola Deputación da Coruña para nenos de toda a provincia.

 

Entre o 7 e o 12 de febreiro, polo menos 3 mozos/as carraleses, nacidos entre os anos 2001 e 2005, poderán acudir á estación invernal de Leitariegos para gozar da neve e aprender a esquiar. A viaxe está incluído na Campaña de Esquí 2016 da Deputación da Coruña, na que nenos/as da provincia achéganse e coñecen o deporte do esquí durante unha semana.

O prezo da viaxe será de 95 ?, que inclúen o transporte, estadía e manutención, clases de esquí, monitores, seguros, aluguer do material, forfait, etc. O prazo de inscrición nas dependencias municipais termina o próximo 22 de xaneiro ás 14.00 h, e de superarse as 3 prazas que a Deputación adxudicou ao municipio de Carral, realizarase un sorteo público que tería lugar o próximo 25 de xaneiro, ás 9.00 h no salón de plenos do Concello.

Para todos aqueles interesados, poden informarse na Casa da Cultura de Carral, no 981.67.25.80 ou en deportes@carral.es.

 

Información-150x150

Máis Información