A GALIÑA AZUL DE CARLOS CASARES REPRESENTARASE EN TABEAIO
O vindeiro 18 de marzo de 2017, ás 18 horas, no local Xente Nova de Tabeaio, da man da Secretaría Xeral de Política Lingüística, terá lugar a adaptación teatral dun dos contos infantís de Carlos Casares, A galiña azul, actividade incluída no programa FalaRedes 2017.
Apta para todo o público familiar, preferiblemente entre idades comprendidas entre tres e once anos, A galiña azul contén cinco contos cheos de maxia e fantasía que entreterán a tarde de todos os da casa.
Agardámosvos!