CÁNDIDO PAZÓ ABRE OS VENRES DE MONÓLOGO DE CARRAL
A Concellería de Cultura do Concello de Carral comeza este venres co cuarto ciclo Venres de Monólogo, que se levará a cabo no edificio social Toñito Espiñeira.
O primeiro espectáculo corre a cargo de Cándido Pazó co seu monólogo “Como cho conto”, unha sesión de contos na que se van enfiando historias, anécdotas e lerias de creación propia, as veces baseadas na tradición oral, ou ben na literatura axeitada á oralidade.
Nos venres seguintes pasarán polo escenario Celso Fernández Sanmartín, Lois Pérez e Ángela Triana.
Todas as sesións comezarán ás 21:00 h. A entrada é de balde ata completar o aforo. Prégase puntualidade.