O BAR TAPETEO DE O TEMPLE ACADOU O DOBRETE DE LIGA E COPA.

O equipo cambrés fíxose co trofeo de campión tanto da liga regular como da Copa na 2ª edición desta competición organizada polos  Concellos de Cambre e Carral.

SONY DSC

CAMPIÓNS. BAR TAPETEO O TEMPLE (CAMBRE)

Este venres 22, desde as 21.00  h disputáronse no pavillón de Espiño os encontros da fase final da Copa da liga de Fútbol sala Cambre-Carral.

Este torneo naceu hai xa dous anos por iniciativa dos  Concellos de Cambre e de Carral que, con motivo da gran afección ao fútbol sala existente en ambas as localidades, coordinaron a posta en marcha dunha competición entre varios equipos de ambos os concellos.

Nesta tempada 2017/2018, o torneo constou dunha fase de Liga que se disputou desde o mes de decembro e comezos do mes de maio. Dos resultados desta liga conformouse a competición de Copa que tivo lugar desde mediados de maio ata este venres no que se celebran as fases finais.

Así a xornada do venres, comezou ás 21.00  h coa loita polo terceiro e cuarto debido a que enfrontou ao  Sementeira contra a  Barbería de Pablo (ambos de Cambre). Un partido moi igualado sobre todo na primeira parte, que se decantou finalmente por 3-2 a favor do  Sementeira, cun gol de falta no último minuto do partido.

SONY DSC

EQUIPOS FINALISTAS. BAR TAPETEO E CAUGCA CERVANTES

A continuación, deu comezo Final que enfrontou ao  Cauca Cervantes de Carral contra o Bar  Tapeteo de O Temple. Os de Cambre (favoritos para levar o título) inauguraron o marcador xa na primeira parte do encontro. Con todo, os  carraleses non llo puxeron fácil e mantiveron un sufrido empate a 2 tantos ata os últimos minutos do partido, nos que a calidade individual dos xogadores do Bar  Tapeteo con dous goles nos últimos instantes do encontro, deulles a vitoria cun marcador de 4 goles a 2.

Ao terminar o partido da final, sobre as 22.50  h fíxose entrega dos trofeos tanto da liga como da Copa.

No campionato de Liga, os galardoados foron:

  • Atlético Carral: Equipo menos goleado con 41 goles en contra.
  • No xogador máximo goleador produciuse un empate a 39 tantos cada un:
    • Francisco Javier Ares da Torre (Bar  Tapeteo)
    • Miguel Iglesias García ( Sementeira)
  • BAR  TAPETEO DE O TEMPLE: CAMPIÓN DA LIGA CON 46  PTOS.

 

En canto ao campionato de Copa, os premiados foron:

  • TERCEIRO POSTO:  Sementeira de Cambre
  • SUBCAMPIÓN:  Caugca Cervantes Carral
  • CAMPIÓN: BAR  TAPETEO de O Temple (Cambre).

 

A entrega dos trofeos correu a cargo dos concelleiros de deportes de Cambre e Carral,  Brais  Cubeiro e Rubén Regueira  Moar.

 

Fotos

Fotos