ENTREGA DE PREMIOS DA XIV EDICIÓN DO TORNEO DE TIRO OLÍMPICO DE CARRAL
Máis de 60 tiradores tomaron parte neste campionato que se prolongou durante todo o ano 2018.
Este sábado tivo lugar a entrega dos premios do XVI Trofeo de Tiro Olímpico Concello de Carral, así como a inauguración da nova edición que se disputará ao longo do presente ano. Este clásico torneo, disputouse ao longo do ano 2018 (o segundo sábado de cada mes desde as 10.30 – 14.30 h e de 16.00 a 19.30 h), e estivo organizado polo Club de Tiro Olímpico da localidade coa colaboración do Concello de Carral. Na edición do 2018, participaron 62 tiradores de toda a provincia divididos en 10 categorías e 3 modalidades diferentes, que abarcaron todas as idades e ambos os xéneros. O paulatino incremento de participantes fai que ano tras ano, esta competición se vaia consolidando como un dos torneos amateur máis importantes na Comarca.
O pasado 8 de decembro disputouse a duodécima e última xornada da edición 2018, que arroxou estes resultados:
Modalidade de pistola precisión: En Veteranos, o campión foi Manuel Méndez Vázquez (Carral); na categoría de Veteranas, María Cruz Ares Varela (Carral) fíxose co primeiro posto; na categoría Sénior foi Alberto Pérez Cotos ( Agarto) o que conseguiu a primeira posición; en Damas foi Yolanda Rodríguez Fidalgo (San Froilán) a campioa. Nas categorías inferiores, Brais Canto Castañal (San Froilán) levou o título en Cadetes.
Modalidade de pistola estándar: en Veteranos foi José Álvarez Suárez (Carral) o campión. En canto ás Veteranas, Maria Cruz Ares Varela (Carral), repetiu o título conseguido na modalidade de precisión. Na categoría Sénior, Jorge Sánchez Álvarez (O Castro) alzouse co primeiro posto do pódio. Por último, na categoría de Damas foi Yolanda Rodríguez Fidalgo (San Froilán) a que se levantou ao primeiro posto repetindo o posto de precisión.
Modalidade de Carabina precisión: foron Jesús García Parada (Laracha) quen se fixo coa vitoria na categoría Sénior.
O acto de entrega de diplomas e trofeos correspondentes a esta finalizada edición, tivo lugar sobre as 14.30 h, onde os tiradores puideron degustar duns entremeses dispostos polo club, para repoñer forzas e continuar coa primeira tirada do XVII torneo de tiro olímpico de Carral, que se disputará ao longo do ano 2019.