O MOSTEIRO DE SOBRADO É O TEMA DA NOVA EXPOSICIÓN NO TOÑITO ESPIÑEIRA
A Concellería de Cultura, coa colaboración da Deputación da Coruña, ofrece unha nova exposición na sala do edificio Toñito Espiñeira. A mostra recompila en 18 paneis fotografías e textos explicativos do mosteiro de Santa María de Sobrado, que dan a coñecer a historia, valores, recursos turísticos e a reconstrución dun dos mosteiros máis singulares na provincia. A exposición trata de reflexar as actividades que se desenvolven no mosteiro como lugar de oración, acollida, atención ao peregrino, centro cultural, relixioso, de produción de bens de alimentación no traballo da comunidade, de produción artística mediante o traballo dos monxes…
Esta exposición estará aberta ao público ata o 11 de febreiro.