CARRAL CONSEGUE OS TERREOS PARA CREAR UN NOVO ESPAZO MULTIUSOS NA RÚA MANUEL JESÚS MÉNDEZ BÚA
O Concello de Carral contará cun novo espazo multiusos na rúa Manuel Jesús Méndez Búa. O alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, asinou un convenio cos propietarios da leira para a cesión destes terreos, que contan cunha extensión total de 4.879 metros cadrados.
A parcela está situada no núcleo urbano de Carral, á beira do edificio social Toñito Espiñeira e a escasos metros da Casa Consistorial e do Campo da Feira de Carral. Este terreo servirá para crear un novo espazo multiusos no que se habilitará, inicialmente, unha zona de aparcadoiro con capacidade para 200 coches.
Con todo, o goberno local expón tamén que o espazo sirva para celebrar eventos e mesmo para acoller a feira do municipio dos días 4, 13 e do último domingo de cada mes. O rexedor carralés indicou que se trata “dun importante logro que permite sumar un novo espazo para ou uso e goce de todos vos veciños e veciñas”.