AS PISTAS DE PÁDEL ESTARÁN TEMPORALMENTE PECHADAS POLOS TRABALLOS DE CUBRICIÓN
O novo equipo de goberno do Concello de Carral acaba de iniciar as obras para cubrir as pistas de pádel. Para realizar estes traballos é preciso ocupar as dúas pistas. Por mor deses labores, que durarán aproximadamente ata o 15 de outubro, estas instalacións estarán temporalmente pechadas. Desculpade as posibles molestias ocasionadas.