O CONCELLO CANCELA A RECEPCIÓN REAL POR “PRECAUCIÓN” E OFRECERÁ UN PERCORRIDO DOS REIS MAGOS POR TODO O TERMO MUNICIPAL

Atendendo á situación sanitaria actual, o Concello adaptará a visita dos Reis Magos ao municipio. Ante a suba de casos covid-19, o Concello cancelará a tradicional recepción real mantendo, iso si, o percorrido das Súas Maxestades de Oriente por todo o termo municipal. Desde o goberno local sinalan que foi unha decisión “difícil, pero a nosa prioridade foi, é e seguirá sendo a saúde”.

Inicialmente, e tras o percorrido dos Reis Magos por todo o municipio, o Concello ía realizar a recepción real no Campo da Feira, acompañada por unha actividade de animación familiar con chocolate e roscón de Reis para o público asistente.

Finalmente, co fin de evitar aglomeracións, os monarcas percorrerán todas as parroquias do municipio, parando nas inmediacións dos locais sociais para saudar aos máis pequenos e pequenas. O circuíto será o que, a continuación, se indica:

  • Xalo: 15:00 horas
  • Cabrois: 15:20 horas
  • Quembre: 15:40 horas
  • Barcia: 16:00 horas
  • A Cabra: 16:20 horas
  • O Canedo: 16:40 horas
  • As Travesas: 17:00 horas
  • Veira: 17:20 horas
  • Tabeaio: 18:00 horas
  • Gosende: 18:20 horas
  • Sergude: 18:30 horas
  • San Vicente: 18:50 horas
  • Cañás: 19:10 horas
  • Paleo (centro de Carral): 19:30 horas
  • Saúdo dos Reis dende o balcón do Concello: 20:00 horas

As horas do tour real son orientativas. Desde o goberno local pregan a todos os veciños e veciñas que cumpran con todas as medidas de prevención fronte a covid-19.