AS PISCINAS DE CARRAL INICIAN A TEMPADA DE VERÁN
Ao longo do verán pasado, as piscinas de municipais contaron con máis de 150 abonados e ao redor de 2.800 bañistas.
O concello de Carral abrirá ao público o venres 17 de xuño as piscinas municipais de Paleo, que o igual que en tempadas pasadas, terá un horario de apertura de 12 a 21 h, de domingo a luns. Estas instalacións, que datan de 1995, atópanse incluídas no Complexo Deportivo e Cultural de Paleo e están compostas de dúas piscinas, unha delas do tipo recreativo (de 25 m x 12,5 m) e outra do tipo batuxo infantil.
Os prezos este ano serán os seguintes:
PREZOS DAS PISCINAS EXTERIORES MUNICIPALES:
(BOP número 188, do venres 30 de setembro de 2011) |
|
Entrada libre diaria | 1,50 € |
Entrada libre diaria para menores de 18 anos, 3ª idade e minusválidos | 1,00 € |
Abono individual tempada de verán. | 13,00 € |
Abono familiar tempada de verán. | 22,00 € |
Abono individual para menores de 18 anos, 3ª idade e minusválidos | 10,00 € |
Menores de 3 anos | Gratis |
O IMPRESO DE ABONO PÓDESE DESCARGAR AQUÍ
Nas piscinas, que contarán con varios socorristas para a súa vixilancia. Os bañistas deberán usar roupa de baño e chanclas, sendo recomendable o uso de gorro. Ademais, deberanse cumprir todas as normas relativas ás piscinas de uso público.
Cursos de natación:
Pola outra banda, un ano máis, o concello de Carral convoca os cursos de natación para os meses de xullo e agosto para nenos e nenas de entre 3 e 15 anos. As datas previstas para estes cursos serán desde o 1 ao 29 de xullo e do 1 ao 31 de agosto.
Os alumnos distribuiranse en grupos segundo as idades, e dentro de cada grupo estableceranse os niveis de iniciación e de perfeccionamento. Impartiranse en horario de mañá, entre as 11.00 e as 14.00 h segundo os grupos, gardando sempre a premisa de que os maiores acudirán nas primeiras horas da mañá e os máis pequenos en horario máis próximo ao medio día. As clases serán impartidas por monitores especialistas, e terán unha duración de 45 minutos por sesión de luns a venres, sempre coa presenza dun socorrista. O prezo do curso será de 28 €/alumno cada mes.
O prazo de inscrición para os cursos de xullo será desde lle día 20 ao 28 de xuño, mentres que a inscrición para os cursos de agosto irá desde o 15 ao 28 de xullo.
Para todos aqueles interesados poderán informarse ou inscribirse no Centro Deportivo de Carral, ( tlfo. 678.338.847), ou en deportes@carral.es.