O CONCELLO ABRE UNHA NOVA CANLE DE INFORMACIÓN CIDADÁ A TRAVÉS DE WHATSAPP

O Concello acaba de estrear unha nova canle de información cidadá a través de WhatsApp. Por medio desta vía, os veciños e veciñas recibirán información sobre calquera novidade de carácter municipal como, por exemplo, incidencias, actividades culturais e deportivas, etc.

O concelleiro de Participación Cidadá, Francisco Bello, sinala que esta novidade permite reforzar o compromiso do goberno local “por ofrecer máis vías de comunicación coa veciñanza”. Ademais, como explica o edil, WhatsApp ten un gran uso entre a veciñanza, “polo que se conseguirá que a información municipal chegue ao maior número de persoas posible”.

As persoas que desexen empregar esta canle deberán gardar o teléfono 698 192 847 na súa lista de contactos co nome ‘Novas Carral’. A continuación, terán que enviar unha mensaxe co texto ‘Alta novas Carral’. Así mesmo, os veciños e veciñas que o desexen poderán tamén escanear o código QR que estará dispoñible na páxina web municipal e nas redes sociais. Como no suposto anterior, terán que gardar o número de teléfono na súa axenda de contactos.

Para darse de baixa do servizo, os veciños e veciñas deberán mandar unha mensaxe co texto “Baixa novas Carral”.