O CONCELLO DE CARRAL SÚMASE Á CAMPAÑA DE FRONTE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA POLO 25N

Concello de Carral súmase, un ano máis, á campaña De Fronte da Deputación da Coruña.

A iniciativa lévase a cabo con motivo da conmemoración do 25 de novembro, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. As actividades que forman parte da programación teñen como obxectivo concienciar e sensibilizar en materia de violencia de xénero.