TRES PELÍCULAS PARA UN NOVO CICLO DE CINE NA CASA DA CULTURA

O Concello de CHotel Budapestarral presenta para as vindeiras semanas un novo ciclo de cine con tres películas que acadaron un salientable éxito de público, crítica e premios.

O ciclo comeza o venres 17 de abril con El Gran Hotel Budapest, unha excelente comedia coral protagonizada, entre outros, por Ralph Fiennes, Edward Norton e Willem Dafoe, e que transcorre nun hotel europeo nos anos 30.

Boyhood é un drama filmado ao longo de 12 anos pero en tan só 39 días. É unha viaxe íntima e épica pola euforia da nenez, os cambios dunha familia moderna e o paso do tempo. Proxectarase o venres 24 de abril.Boyhood

Para o venres 8 de maio está prevista a película sueca El abuelo que saltó por la ventana y se largó. Narra a divertida aventura dun ancián de cen anos que fuxe da súa residencia mentres lembra a súa intensa vida como axente da CIA ou fabricando a bomba atómica con Oppenheimer.

Todas as sesións comezarán ás 20:30 h. As entradas son de balde e poden recollerse na Casa da Cultura desde 48 horas antes do inicio de cada película. A reserva das localidades terá vixencia ata 5 minutos despois de iniciada cada proxección.