,

ÁBRESE O SEGUNDO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO 2023-2024 DAS ACTIVIDADES MUNICIPAIS DE CARRAL

O concello oferta 100 novas prazas para un total de 18 actividades/grupos. Os interesados poderanse inscribir nas ofertadas dende o 2 ata o 5 de outubro.

Dende ás 00:00 do luns 2 de outubro, concello de Carral abre un segundo prazo de inscrición no programa das escolas deportivas, culturais e educativas para aquelas actividades nas que quedaron prazas vacantes.

O prazo pecharase o día 5 de outubro ás 23.59 h. Os alumnos/as inscritos serán contactados polos departamentos municipais correspondentes e poderán incorporarse ás correspondentes actividades dende o luns 9 de outubro.

LISTADO DE PRAZAS
FICHA INSCRICIÓN
BOLETÍN DE BAIXA