A CORAL POLIFÓNICA EL ECO ACTÚA NA IGREXA DE CARRAL
A Concellería de Cultura do Concello de Carral organiza o concerto da coral polifónica El Eco que ofrecerá o domingo 29 de novembro, ás 13:00 h, na igrexa de Carral. A actuación está incluída na Rede Cultural que promove a Deputación Provincial.
El Eco é unha coral da Coruña fundada en 1881 por Pascual Veiga, o cal supón que é a coral en activo máis antiga da Península Ibérica. Entre os seus recoñecementos cómpre salientar a Medalla de Prata da Coruña, e as medallas de ouro de París e Porto.
Entre os directores que estiveron á cabeza da coral destacan José Castro “Chané”, Xosé Baldomir, Mauricio Farto, Rodrigo A. de Santiago, Francisco Méndez ou Rogelio Groba. Algunhas das figuras salientables que formaron parte de El Eco foron o vocalista Pucho Boedo ou o compositor Xabier de Paz.
O seu repertorio está composto por cantatas, oratorios, opereta e zarzuela.