A CORPORACIÓN MUNICIPAL HONRA AOS MÁRTIRES DE CARRAL
A Corporación municipal de Carral, co seu alcalde, José Luis Fernández Mouriño á cabeza, rendiu na mañá de hoxe homenaxe aos coñecidos na historia galega como os Mártires da Liberdade. Tamén tomaron parte nos actos o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez, e o presidente do Consorcio das Mariñas e alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes, representantes de asociacións locais e alumnos do Instituto de Secundario de Carral.
Os actos comezaron cunha ofrenda floral ante o monumento aos Mártires de Carral para despois dirixirse ao edificio social Toñito Espiñeira onde despois de que os estudantes recitaran poemas en lembranza dos oficiais fusilados en Carral hai hoxe 170 anos, se proxectou o documental A última páxina escribiuse con sangue.
No seu discurso o alcalde lembrou aos doce oficiais axustizados nesta vila e o respecto e admiración que as xentes de Carral sempre tiveron por aqueles protagonistas da Revolución de 1846.