ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A PROBA DE OBTENCIÓN DA ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS
Aberto o prazo de inscrición para a proba de obtención da ESO para maiores de 18 anos.
Para a convocatoria de abril o período estará aberto ata o 21 de febreiro, incluído.
Para a de xuño abrirá do 31 de marzo ao 10 de abril, ambos incluídos.
As persoas matriculadas na primeira convocatoria que non superen a proba consideraranse matriculadas na segunda sen ter que presentar nova documentación.
Presenta aquí a túa solicitude.
Para axuda e asesoramento: departamento Educación Concello de Carral 678 338 872 de 9:00 a 14:00 horas.