Entries by Carlos

Punto limpo móbil

O punto limpo móbil estará de novo a disposición dos veciños este mes de febreiro o día 22 no Campo da Feira. Durante o mes de marzo o punto limpo virá a Carral os días 4 e 13 Máis información no servizo de medio ambiente do concello ou no teléfono 981670002

RELACIÓN PROVISIONAL DE CANDIDATOS/AS ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DUN/HA EDUCADOR/A SOCIAL

No día de hoxe, dezaoito de febreiro de dous mil dezanove, o Sr. alcalde deste Concello resolveu aprobar no decreto 73/2019 a relación provisional de candidatos/as admitidos/as e excluídos/as no procedemento de selección dun/ha educador/a social para o departamento de Servizos Sociais. De acordo co punto 5 das bases outórgaselles aos interesados un prazo de […]

CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN/HA EDUCADOR/A SOCIAL PARA O DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS

No decreto 33/2019, do 29 de xaneiro de 2019, o sr. alcalde resolveu aprobar as bases e iniciar o procedemento de contratación dun/ha traballador/a para o departamento de servizos sociais do Concello de Carral: categoría profesional de educador/a social, xornada completa, modalidade contractual de obra ou servizo determinado ata a incorporación da titular do posto. […]

A BIBLIOTECA OFRECE UN NOVO CONTACONTOS O 31 DE XANEIRO

A compañía Trinketrinke Teatro será a encargada de ofrecer unha nova sesión de animación á lectura na Biblioteca municipal. Nesta ocasión o título do conto que centrará o espectáculo é “A vida na selva”. É unha sesión para nenas e nenos de 3 a 8 anos. O contacontos terá lugar o xoves 31 de xaneiro, […]