Entries by Carlos

,

AXUDAS PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS PARA ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS EN ZONAS RURAIS

Estas axudas para a creación de empresas en zonas rurais de Galicia teñen como obxectivo a creación de emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias viables. A quen se destina? • Titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria. • Autónomos, microempresas e pequenas […]

,

BONO DE AXUDA A AUTÓNOMOS TR341Q. APOIO A EMPRESAS AFECTADAS POLA COVID EN GALICIA

Este novo bono de axuda da Xunta destinado a autónomos ten por obxectivo mellorar a competitividade empresarial ou profesional dos traballadores autónomos a través do desenvolvemento do seu enfoque estratéxico e investimentos en bens tanxibles e intanxibles. A quen se destina? Persoas traballadoras autónomas e autónomos societarios con antigüidade de maneira ininterrompida de 42 meses […]

O TEATRO SEGUE A SUMAR PÚBLICO EN CARRAL

O departamento de Cultura ven de publicar o informe de avaliación do ciclo Teatro de Outono de Carral do 2021, no que destaca o dato de crecemento de asistencia de espectadores con 73 persoas de media por función. As mulleres seguen sendo maioría entre o público, e son as parroquias de Tabeaio e Carral as […]

A BIBLIOTECA ACOLLE A ÚLTIMA SESIÓN DE CONTACONTOS TEATRAL DESTE ANO

Trinketrinke Teatro presentará o xoves 16 de decembro a última sesión de contacontos que organiza cada mes a Biblioteca municipal para a rapazada de 4 a 8 anos de idade. Nesta ocasión os Ratos de Lonxedetodo presentan “Aventuras na cociña”. A sesión comezará ás 18:00 h. Xa se poden reservar entradas, que son limitadas, chamando […]

TÉCNICO EN MATERIAS MEDIOAMBIENTAIS: CONTRATACIÓN DO CANDIDATO CON MAIOR PUNTUACIÓN

Por decreto da alcaldía 537/2021, do 03 de decembro de 2021, resolveuse a contratación do candidato con maior puntuación acadada no procedemento de selección para a contratación dun técnico en materias medioambientais así como a formación da bolsa prevista nas bases logo da desestimación da única alegación presentada no prazo establecido ao efecto.   Este […]

A CASA DA CULTURA OFRECE DÚAS PELÍCULAS PARA TODA A FAMILIA

A Concellería de Cultura presenta dúas películas e animación para toda a familia que se prexectarán nestas datas de Nadal. Mascotas 2 ofrecerase o venres 10 de decembro e Los Croods: una nueva era o venres 17. As dúas películas comezarán ás 18:00 h. Para asistir é necesario reservar convites no 981 672 580. As […]

CONCURSO DE NADAL DE DECORACIÓN DE FACHADAS E XARDÍNS

BASES O Concello de Carral quere fomentar entre a súa veciñanza, aproveitando a festividade do Nadal, o ornamento exterior das vivendas, tentando así un embelecemento xeral do municipio que servirá para o goce de residentes e visitantes. Para iso, o Concello de Carral convoca un concurso que se rexe polas seguintes bases: Poderán participar no […]

TÉCNICO EN MATERIAS MEDIOAMBIENTAIS: ACTA DO TRIBUNAL RESPONSABLE DA VALORACIÓN DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DUN/HA TÉCNICO/A EN MATERIAS MEDIOAMBIENTAIS

Publícase a acta íntegra levantada pola secretaria do tribunal responsable de valorar aos/ás candidatos/as presentados/as ao procedemento de selección para a contratación dun/ha técnico/a en materias medioambientais para o departamento de Medio Ambiente do Concello de Carral. Coa publicación deste anuncio outórgaselle a todos/as os/as candidatos/as un prazo de dous días hábiles contados dende o […]

TÉCNICO EN MATERIAS MEDIOAMBIENTAIS: ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS DEFINITIVAMENTE, NOMEAMENTO DE TRIBUNAL E HORA E DÍA DA ENTREVISTA PROFESIONAL

  Con data do 24 de novembro de 2021 ditouse o decreto da alcaldía 510/2021 polo que se aprobou a lista de admitidos e exlcuídos provisionalmente ao posto de técnico en materias medioambientais, se elevou a definitiva dita lista por non existiren excluídos, se nomeou aos membros do tribunal encargado de valorar a última fase […]