CÁNDIDO PAZÓ REPRESENTA EN TABEAIO MEMORIAS DUN NENO LABREGO

A Concellería de Cultura do Concello de Carral segue desenvolvendo o ciclo teatro de Outono, ofrecendo o escenario agora a Cándido Pazó para a representación de Memorias

dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas.

A obra presentarase en Tabeaio, no local Xente Nova, o sábado 3 de decembro, ás 20:30 h. A entrada é de balde e as localidades limitadas.

Este espectáculo foi estreado no ano 2011 celebrando o 50 aniversario da primeira publicación en Buenos Aires de Memorias dun neno labrego, o libro máis lido, publicado e traducido da literatura galega, leva acumuladas unhas 200 funcións por Galicia e diversas localidades de Europa e América.

Memorias dun neno labrego é un espectáculo emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director, coa súa recoñecida traxectoria como conteiro e monologuista. Un espectáculo de gran atractivo visual, apoiado por un coidado traballo de videocreación que, combinado cunha elaborada iluminación, debuxa unha suxestiva escenografía das emocións. Mistura textos da obra de Neira Vilas con materiais da tradición oral e a memoria colectiva, combinando humor e emoción, evocación e anécdota, elaboración e improvisación.

Cartaz novo  A3 1 web