O Concello de Carral convoca unha reunión informativa para todos os notificados na parroquia de Sergude para que xestionen a biomasa nas parcelas da súa propiedade e demais persoas interesadas.

 

Terá lugar o próximo venres, 14 de outubro, ás 12:30 horas, no local social de Sergude.

 

Bando_informativo

A Casa da Cultura do Concello de Carral acolleu, esta mañá, a presentación dunha nova edición do Ciclo de Outono. O acto estivo presidido polo alcalde, Javier Gestal, polo concelleiro de Cultura, Francisco Bello, e polo deputado de Cultura da Deputación, Xurxo Couto. Así mesmo, o pistoletazo de saída desta convocatoria do programa contou coa presenza de representantes dalgunhas das compañías teatrais que participan no ciclo.

Durante a súa intervención, o rexedor celebrou o regreso deste ciclo, “que medra, ano tras ano, en número de persoas asistentes”. Así mesmo, Gestal aproveitou a ocasión para reafirmar o compromiso do goberno local “por ofrecer alternativas culturais aos veciños e veciñas de todas as idades”.

Todas as funcións levaranse nos meses de outubro, novembro e decembro no local Xente Nova de Tabeaio. En todos os casos, a hora prevista para o inicio da actividade será ás 20.30 horas.

Libre coma os paxaros, de Teatro do Atlántico, será a obra inaugural do ciclo de outono (8 de outubro ás 20.30 horas). Neste caso, trátase dunha peza dirixida ao público adulto onde Rosalía de Castro será a protagonista. A famosa autora dirixirase ao público para compartir as particularidades da súa orixe, do seu pensamento e das súas circunstancias sociais e dos condicionamentos que ten para exercer o seu traballo como poeta e escritora.

A agrupación A Panadaría será a seguinte en subir ao escenario. Farao o venres, 14 de outubro, con As que limpan. A historia fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis para conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, atoparán a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras.

A parábola do angazo, de Talía Teatro, representarase o 21 de outubro. Na obra, a compañía fará unha viaxe no tempo para explicar a historia da lingua galega. Deste xeito, intentará entender o presente deste idioma. Para facelo, contará a historia dun mozo dunha aldea galega que emigra a Castela e, ao pouco de facelo, remata por esquecer a súa lingua nai.

Malasombra Producións tomará o relevo coa interpretación de SÓS o venres, 28 de outubro. A proposta cultural preséntase como unha reflexión, ás veces cómica e ás veces dramática, sobre a vellez, a convivencia e a soidade que sofren moitas persoas maiores nos seus últimos anos de vida.

Bravas será a proposta coa que Isabel Risco, de Culturactiva, aterrará no municipio (4 de novembro). Trátase do segundo espectáculo unipersoal da actriz e, ao longo do mesmo, Risco ofrece a súa particular visión da historia das mulleres galegas.

Amantis, de Rebordelos, será a seguinte actividade do Ciclo de Teatro (11 de novembro). A agrupación teatral subirá ao escenario para contar a historia dun adolescente de barrio obreiro que quere ser influencer.

Como homenaxe a Álvaro Cunqueiro, a compañía Teatro do Noroeste traerá a Carral a súa obra Feirantes, un espectáculo protagonizado polas curiosas personaxes que aínda habitan moitos pobos de Galicia. A función terá lugar o martes, 15 de novembro, e estará dirixida ao alumnado da ESO. A función lévase a cabo a través da área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.

A seguinte proposta será a representación de As fillas bravas e o mito de Casandra por parte de Grupo Chévere (18 de novembro). As protagonistas deste espectáculo son tres pandeireteiras do lugar de Momán (concello de Trabancas) que cantan coplas e contan contos escoitados con retranca e sabedoría.

O porco de pé, da firma Producións Teatrais Excéntricas, chegará a Carral o venres, 25 de novembro. A obra está centrada no porco, o animal símbolo dos cocidos e do entroido de Galicia, que tomará o local social de Tabeaio para amosar a súa superioridade sobre os seres humanos.

O grupo de teatro afeccionado O Rueiro será o penúltimo en actuar dentro do Ciclo de Teatro, e farao coa súa proposta Quen anda aí? (26 de novembro). Charamusca Teatro pechará o programa con Planeta Uralita o sábado, 3 de decembro.

A entrada será libre ata completar aforo. En todo caso, unha vez que estea iniciada a función, non se permitirá o acceso á sala.

O Concello de Carral abre un segundo prazo de inscrición para as Escolas Municipais do curso 2022/2023. As persoas interesadas poderán anotarse naquelas actividades/grupos das escolas municipais nas que aínda quedan prazas vacantes. O prazo estará aberto desde o 4 ao 7 de outubro.

Actividades e grupos.
Horarios e datas de inicio e presentación das actividades deportivas, culturais e educativas do curso 2022/2023.

FICHA INSCRICIÓN

Concello de Carral publica os listados provisionais de persoas admitidas e reserva nas actividades deportivas e culturais que comezan no curso 2022/2023.

Listados escolas deportivas e culturais curso 2022/2023

  • A proposta do goberno deixouse sobre a mesa no pleno de xullo. Tras a sesión, o rexedor mantivo reunións cos grupos para alcanzar un consenso e non perder os fondos provinciais.

 

Carral, 28 de setembro de 2022. O alcalde, Javier Gestal, pide aos grupos da corporación “reponsabilidade política” para destinar os 118.025,39 euros do POS+Adicional 2022 da Deputación da Coruña (2ª fase) a gasto corrente. A proposta do goberno deixouse sobre a mesa no pleno do mes de xullo. Tras esa sesión, e co fin de alcanzar consenso co resto de grupos e non perder os fondos provinciais, o rexedor mantivo encontros co PSOE, o PP e a concelleira non adscrita. Con todo, tras a análise das propostas por parte dos técnicos municipais, “ningunha conta con informes favorables, polo que non pódense levar a cabo. Confío en que vos grupos actúen con responsabilidade para non perder lestes cartos e que pensen interésesnos dá veciñanza de Carral por enriba dous seus propios intereses políticos”, explica Gestal.

O rexedor sinala que a aprobación deste punto é “esencial para facer fronte aos gastos de funcionamento dous servizos de subministración de auga potable, dá rede de sumidoiros, limpeza viaria, recollida domiciliaria de lixo, iluminación pública, mantemento dous accesos aos núcleos de poboación e aqueles vinculados ao funcionamento dous servizos obrigatorios do Concello. Sería máis doado dedicar esta cantidade á execución de novas obras, pero temos que ser conscientes e consecuentes coa situación que estamos a vivir”.

Durante os encontros cos grupos, o PP, a edil non adscrita e o PSOE coincidiron en pedir que os fondos para a execución de varias obras. Pola súa banda, o Concello remitiu un informe elaborado polo técnico municipal no que se facía referencia á inviabilidade dos proxectos presentados. O documento xustifica esta a inviabilidade @teniendo en cuenta o importe e o prazo de solicitude da 2ª fase do POS+Adicional 2022, que termina o 5 de outubro. Como sinala este informe, os proxectos non están redactados e tampouco están solicitadas as preceptivas autorizacións sectoriais. A este documento técnico hai que sumar, ademais, outro informe da intervención municipal no que se sinala a conveniencia de destinar a gasto corrente este importe. O alcalde lembra, ademais, que a proposta de POS aprobada en pleno foi a que presentou, no seu momento, o PSOE de Carral.

 

Maior apoio ao tecido asociativo

Outra das propostas que se elevarán ao pleno de mañá será a aprobación inicial da modificación da base de execución número 42 do orzamento municipal. O goberno local expón este cambio para incrementar o apoio ás asociacións e clubs do municipio.

A proposta inclúe convenios con 13 entidades deportivas, culturais e mesmo ambientais de Carral. Se a iniciativa recibe luz verde da corporación, destinaríanse un total de 27.150 euros que servirían para colaborar na organización das súas actividades anuais.

Escola de Apoderamento Feminista de Mulleres do Rural (EspadELA) aterrará en Carral. Farao por medio da organización de varias sesións formativas que se levarán a cabo en outubro. O programa incluirá a celebración de varios obradoiros nos que se traballarán cuestións como a prevención das violencias machistas, o liderado, o autorecoñecemento e a autoestima, entre outras. A concelleira de Igualdade, Mercedes Caridad, sinala a “importancia” desta iniciativa, coa que se busca “estimular a creación dunha rede de sororidade e recoñecemento feminino no municipio que contribúa a mellorar as condicións de vida das veciñas de Carral”.

O proxecto EspadELA está financiado integramente pola Deputación da Coruña e chegará a Carral despois de terse desenvolvido xa nos seguintes municipios: Arzúa, Ordes, Betanzos, Moeche, As Pontes, Valdoviño, Cabanas, Teixeiro ou Sobrado dos Monxes.

No caso de Carral, as actividades terán tres liñas formativas: ‘Con voz propia’, un obradoiro para traballar arredor da autoestima, a participación, o liderado e a prevención das violencias machistas; ‘Habitando o noso corpo’, para tratar o autocoñecemento, o autocoidado e a expresión emocional; ‘Os nosos saberes’, para recuperar e poñer en común os coñecementos e experiencias das mulleres sobre os traballos que desenvolveron durante a súa vida, así como do territorio que habitan.

Os encontros formativos terán lugar os martes de outubro, de 16.00 a 18.00 horas, no Toñito Espiñeira. As persoas interesadas en participar poderán anotarse ata o vindeiro luns, 3 de outubro. Para formalizar a praza deberán chamar aos teléfonos 619 457 324 ou 649 509 806 ou enviar un correo a dolores.fernandez@carral.es.

O Concello acaba de estrear unha nova canle de información cidadá a través de WhatsApp. Por medio desta vía, os veciños e veciñas recibirán información sobre calquera novidade de carácter municipal como, por exemplo, incidencias, actividades culturais e deportivas, etc.

O concelleiro de Participación Cidadá, Francisco Bello, sinala que esta novidade permite reforzar o compromiso do goberno local “por ofrecer máis vías de comunicación coa veciñanza”. Ademais, como explica o edil, WhatsApp ten un gran uso entre a veciñanza, “polo que se conseguirá que a información municipal chegue ao maior número de persoas posible”.

As persoas que desexen empregar esta canle deberán gardar o teléfono 698 192 847 na súa lista de contactos co nome ‘Novas Carral’. A continuación, terán que enviar unha mensaxe co texto ‘Alta novas Carral’. Así mesmo, os veciños e veciñas que o desexen poderán tamén escanear o código QR que estará dispoñible na páxina web municipal e nas redes sociais. Como no suposto anterior, terán que gardar o número de teléfono na súa axenda de contactos.

Para darse de baixa do servizo, os veciños e veciñas deberán mandar unha mensaxe co texto “Baixa novas Carral”.

 

Tras o encendido das novas estacións de telefonía móbil o 30 de setembro finalizará o prazo para solicitar a atención gratuíta das novas incidencias.

Atención de problemas técnicos no 900 833 999 e máis info no 981 567 002.

Folleto Escolas 22-23     BOLETÍN DE INSCRICIÓN

O Concello abrirá mañá, luns, 5 de setembro, o prazo de inscrición para as súas Escolas Municipais, ofrecendo unhas 40 actividades. Nesta edición, o programa inclúe propostas deportivas, culturais, educativas, de Servizos Sociais e algunhas organizadas polas asociacións e clubs do municipio. Desde o goberno local sinalan que se trata dunha oferta “completa e que conta con iniciativas para os veciños e veciñas de todas as idades coa que se busca, entre outros obxectivos, promover a conciliación da vida laboral e familiar”.

Como novidade con respecto a outros anos, o Concello inclúe, nesta ocasión, as diversas iniciativas culturais e deportivas que levan a cabo as entidades do municipio. Con isto conséguese, non só ampliar o listado de actividades, senón tamén pór en valor e impulsar o labor que realiza o tecido asociativo de Carral. A maiores, por primeira vez, o centro de formación Antón Fraguas acollerá a Escola Municipal de Música, con clases para aprender a tocar os seguintes instrumentos: piano, guitarra, batería, baixo, contrabaixo, violonchelo, violín, frauta, clarinete, trompeta e saxo.

A convocatoria incorpora as seguintes actividades:

  • Atletismo escolar: para nenos e nenas a partir de 4 anos
  • Ximnasia rítmica escolar: para nados no 2018 e anteriores
  • Patinaxe escolar: a partir dos 4 anos
  • Judo: a partir dos 4 anos
  • Judo (Tabeaio): a partir dos 4 anos e tamén para adultos
  • Baloncesto: a partir dos 6 anos
  • Tiro con arco: a partir de 6 anos e para adultos
  • Equitación: a partir de 7 anos e para adultos
  • Pádel: a partir de 8 anos
  • Tiro Olímpico: a partir de 8 anos e para adultos
  • Zumba: a partir de 12 anos
  • Ioga: a partir de 14 anos
  • Jumping fítness: a partir de 14 anos
  • Teares e tapices
  • Obradoiros culturais
  • Actividades escolares: servizo de madrugadores e concilia día a día, robótica, debuxo e pintura, fun english, música e movemento, baile moderno, informática, cociña divertida e ciencia divertida.
  • Escola municipal de música
  • Ximnasia de mantemento en Carral
  • Ximnasia de mantemento nas parroquias
  • Fútbol sala e balonmán coa U.D. Carral
  • Bailes latinos, cociña e repostería, costura para principiantes e calceta e gancho coa asociación de Mulleres Rurais.
  • Baile tradicional e pandeireta e teatro coa AA.VV. O Rueiro de Tabeaio.
  • Escola de música da man da asociación Cultura Aberta de Carral.

As persoas interesadas deberán presentar a solicitude cuberta e asinada, preferiblemente, de xeito telemático a través do correo casadacultura@carral.es ou da sede electrónica carral.es. Así mesmo, poderanse presentar de xeito presencial na Casa da Cultura ou no Complexo Deportivo. O prazo de solicitude estará aberto desde mañá, 5 de setembro ás 9.00 horas, ata o día 23. As actividades comezarán na primeira semana de outubro.

O vindeiro, 25 de setembro, aterrará no concello de Carral unha nova edición do programa de voluntariado ambiental ‘Móllate polos ríos’, na que participa a Asociación de Custodia do Territorio Brexa.

A xornada, que terá lugar de 10:30 a 13:30 horas, centrarase nas labores nun tramo do río Barcés, ao seu paso polas parroquias de Paleo e Sarandóns.

Podedes anotarvos no 698 146 685, en brexa.asociacion@gmail ou na páxina web e as redes sociais da asociación.