O Concello de Carral abre o terceiro prazo de inscrición das Escolas Municipais para aquelas actividades nas que aínda quedan prazas dispoñibles.
As persoas interesadas poderán inscribirse entre as 9:00 h do 7 de xaneiro ata as 12:00 h do 10 de xaneiro. A matrícula pode formalizarse de maneira presencial na Casa da Cultura, a través do enlace http://manuelseijas.ddns.net/fmi/webd/MSInscripcionWEB, ou a través da sede electrónica no enlace: https://sede.carral.es/sxc/gl/procedimientosytramites/index.html#actividades_culturales_deportivas
https://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00Deportes Carralhttps://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2025-01-05 23:50:002025-01-08 10:56:41O CONCELLO DE CARRAL ABRE O TERCEIRO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS ACTIVIDADES DAS ESCOLAS MUNICIPAIS
Os Reis Magos repiten, un ano máis, a súa cita en Carral, ofrecendo un percorrido por distintas parroquias do municipio. As Súas Maxestades chegarán este domingo, 5 de xaneiro, e sairán coa cabalgata, se as condicións meteorolóxicas o permiten, a partir das 15:30 horas para cumprir os desexos dos máis pequenos e pequenas.
Itinerario con horarios aproximados:
O Xalo – 15:30 h – Local Urbanización
Cabrois – 15:45 – Parque
Quembre – 16:00 h – Local Social
Tabeiao – 16:20 – Campo da Festa
Barcia – 16:30 – Local Social
Gosende – 16:50 – Cruce
A Cabra – 17:00 – Cruce
Sergude – 17:15 – Local Social
O Canedo – 17:30 – Local Social
San Vicente – 17:45 – Local Social
As Travesas – 18:00 – Casa Avelina
Cañás – 18:15 – Local Social
Veira – 18:30 – Local Social
Carral – 19:00 e chegada ao pavillón do Espiño
O percorrido polas parroquias estará condicionado á previsión meteorolóxica. No caso de cancelarse daremos aviso a través das canles habituais do Concello.
Tamén, a partir das 18:00 horas, haberá festa infantil, inchables, animación e xogos no pavillón do Espiño para amenizar a chegada das Súas Maxestades, que teñen prevista a entrada no recinto sobre as 19:00 h. Ademais todas as persoas asistentes poderán gozar do tradicional roscón de Reis e chocolate. Toda a rapazada que o desexe poderá levar as súas cartas ao pavillón para entregarllas aos Reis Magos e que atendan os seus desexos.
https://carral.es//wp-content/uploads/2025/01/photo_6035259311464236425_y.jpg9601280prensahttps://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2025-01-03 13:28:002025-01-05 13:44:14CARRAL VOLVERÁ A VIVIR A SÚA TRADICIONAL TARDE DE REIS, CON CABALGATA E FESTA INFANTIL
A rapazada que o desexe poderá acudir ao rexistro do Concello a recoller a súa carta (en horario de mañá ata as 15:00 h, agás 31 de decembro e 1 de xaneiro) ou DESCARGALA AQUÍ e imprimila directamente na casa.
O Buzón Real está xa instalado diante do Concello durante todo o día para que a rapazada de Carral poida entregar a súas cartas de Reis.
https://carral.es//wp-content/uploads/2016/01/los-reyes-magos.jpg10621600prensahttps://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2024-12-27 14:35:492024-12-27 14:40:27BUZÓN REAL EN CARRAL
O trofeo ao mellor xogador local recaeu sobre Xosé Manuel Zapata Pérez (5º na clasificación xeral).
Dentro da programación municipal de Nadal, o Concello de Carral organizou este domingo 22 de decembro a 23ª edición do Torneo de Xadrez de Nadal.
Esta competición, clásica destas datas festivas, disputouse no pavillón municipal de Espiño reunindo a un total de 56 inscritos. Os participantes dividíronse en 4 categorías (sub-10, sub-14, absoluto e mellor local). A competición iniciouse ao redor ás 16.00 h e constou de 7 roldas de 10 min. por xogador cun incremento de 3 segundos. A sétima e última partida terminou ás 19.50 h, tras a cal Rodrigo Pena Barbeito (Club Ajedrez Magic de Extremadura) proclamouse campión absoluto do torneo. O xogador do club extremeño, fíxose co título de campión na categoría absoluta nunha apertada última rolda, xusto por diante do cercedense Guillermo Ambroa Barbeito e Roberto Blandón Pao (Club Xadrez Sigrás).
O xogador do Club de Xadrez Magic de Estremadura, fíxose co título de campión na categoría absoluta nunha apertada última rolda.
En canto á categoría sub-14 o triunfador foi Andrés Blanco Rodríguez (Club Xadrez Arteixo e 4º na xeral). A segunda posición da categoría foi para Mario Graña Vázquez (de Carral), pechando o pódium Rafael Soto Flrian (Club Xadrez Arteixo).
Por último, en canto á categoría sub-10, o campión foi Roi Bello (Carballo). A segunda recaeu en Mario García (Carballo) e finalmente a terceira posición foi para Brais García (Carral).
En canto ao trofeo ao mellor xogador local recaeu sobre Xosé Manuel Zapata Pérez.
Terminada a rolda de partidas, ao redor das 20.00, foron entregados os premios da man do alcalde de Carral, Fº. Javier Gestal Pouse, quen destacou a altísima participación de xogadores nas categorías máis novas do evento (uns dos principais obxectivos do torneo), chegando a alcanzar o 65 % do total de rexistrados.
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/12/DSC09869-scaled.jpg18462560Deportes Carralhttps://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2024-12-23 02:37:262024-12-23 18:11:38O CAMBRÉS, RODRIGO PENA BARBEITO, LEVOU O 23º TORNEO DE XADREZ DE NADAL DE CARRAL.
O Concello de Carral fixo entrega hoxe, na Casa do Concello, dos premios do Concurso ‘Tapeando Carral’ 2024.
O Velo de volandeira do Pacífico, do local Terra, proclamouse vencedor por partida dobre ao facerse co galardón ao mellor petisco tanto na votación popular como na de xurado. Os premios para o establecemento gañador consistiu en trofeos e agasallos proporcionados por diferentes entidades colaboradoras.
O certame tivo lugar do 5 ao 8 de decembro e no reconto da votación do público, a receita proposta por Terra obtivo un total de 90 votos, seguido polos 67 que acadou O bebedeiro sen fin, do Pincho, e os 59 da Filloa Rechea, do Bar Tropezón.
O podio do xurado profesional mantivo a mesma orde sendo o petisco de Terra o máis votado, 78 votos; o do Pincho, con 74; e o do Bar Tropezón, con 72.
En canto ao público participante, o primeiro premio recibiu o seu peso en cervexa, 1 pack de chorizo e lacón de Vilalba e visita e comida en Bodegas As Laxas. O segundo e o terceiro premio tamén foron cortesía de Estrella Galicia, Jamones y Embutidos Elote e Exclusivas Rivas Suárez, entidades colaboradoras do certame.
Desde o Concello celebran o éxito acadado nesta edición do Tapeando Carral, e sinalan a importancia destas iniciativas para “impulsar o consumo nos establecementos hostaleiros da vila e dar a coñecer a magnífica oferta gastronómica do municipio”.
O alcalde, Javier Gestal, e a concelleira de Comercio e Turismo, Natalia Patiño, foron as autoridades encargadas de entregar os premios ás persoas gañadoras en cada categoría, ás que felicitaron polo seu enorme talento e por participar nesta iniciativa.
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/12/DSC4371-scaled.jpg17112560prensahttps://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2024-12-20 21:02:512024-12-20 21:03:25ENTREGA DE PREMIOS DE TAPEANDO CARRAL 2024
O edificio social Toñito Espiñeira de Carral acollerá, desde hoxe e ata o 21 de xaneiro, a exposición ‘Nós tamén fomos emigrantes’, da colección Afundación.
No día de hoxe tivo lugar a visita de presentación da mostra, á que acudiron o alcalde de Carral, Javier Gestal; así como Vanessa Sende Cardoso, da Área de Cultura de Afundación; José Manuel Vilariño Orgeira, coordinador Institucional ABANCA; Begoña Caamaño Ferrio, directora de zona ABANCA e Jose Freire Cofreces, director da oficina del ABANCA de Carral.
Esta exposición recolle unha escolma de imaxes dos arquivos da Axencia EFE que posúe un dos fondos fotográficos máis importantes de España sobre a emigración galega e española. A exposición estará aberta de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 h. O 24 e 30 de decembro permanecerá pechada.
As persoas que visiten esta selección fotográfica poderán visualizar as circunstancias vitais das pasadas xeracións, que abandonaron a súa terra na procura dun futuro mellor.
Ademais, desde a organización animan a doar alimentos no momento da entrada, un xesto solidario para axudar ás persoas que máis o necesitan. Esta iniciativa de Obra Social ABANCA ofrece acceso a eventos culturais a cambio da contribución solidaria de alimentos non perecedoiros ou produtos de primeira necesidade.
A mostra que agora chega a Carral englóbase dentro de CORRENTE CULTURAL, a aposta de ABANCA e Afundación para espallar cultura por toda Galicia. O proxecto nace coma un contedor de arte que vai rotando polos concellos, e contando coas colaboración municipais, para construír canda eles unha rede de calidade. As iniciativas do ciclo contan cunha coidada produción e cunha querenza pola tradición galega.
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/12/DSC07120.jpg11522048prensahttps://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2024-12-20 16:17:082024-12-20 16:18:33O EDIFICIO SOCIAL TOÑITO ESPIÑEIRA ACOLLE A EXPOSICIÓN ‘NÓS TAMÉN FOMOS EMIGRANTES’, DE AFUNDACIÓN
O pasado 13 de decembro, entregáronse no departamento de Servizos Sociais máis de 800 kg de alimentos non perecedoiros, produtos de limpeza e de hixiene, a través da campaña solidaria organizada no polígono industrial do municipio.
Aplicaciones de Bombeo Industrial S.L e Obras Civiles Del Atlántico S.L. foron as empresas que organizaron esta iniciativa solidaria, que xa se leva realizando durante varios anos consecutivos nesta época do Nadal, e que colabora con Concello para axudar ás familias do municipio que están en situación de vulnerabilidade.
Desde o Concello de Carral agradecemos toda a solidaridade prestada.
– 2ª semana: do 30 de decembro ao 3 de xaneiro (60 prazas)
HORARIOS: (luns a venres, excepto festivos)
1. Servizo Madrugadores: 7.30 a 10.00 h * 2. Campamentos: 10.00 a 14.00 h, ESTE HORARIO SERÁ “OBRIGATORIO” PARA TODOS OS NENOS/AS, non podendo nin entregar nin recoller aos nenos/as durante o mesmo salvo excepcións previamente comunicadas. 3. Tempo de Xantar: 14.00 a 16.00 h *
*Nota. Os nenos/as que fagan uso destes horarios deberán traer o seu almorzo ou xantar da casa.
LUGAR:
No recinto escolar do Colexio Vicente Otero Valcárcel – (ubicación: 43.224984, -8.354894) -; pavillón polideportivo cuberto, pista polideportiva descuberta, zona axardinada, patio escolar cuberto, comedor escolar, aula psicomotricidade)
DESTINATARIOS:
1. Para nenos/as dende Educación Infantil (dende 3 anos) e toda a Educación Primaria.
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/12/Campamentos-Deportivos-de-Nadal.jpg24801748Deportes Carralhttps://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2024-12-19 11:09:002025-01-02 12:23:27PUBLÍCANSE AS LISTAXES DE ADMITIDOS NOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE NADAL
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/12/chess-checkmated-chess-pieces-black-white-957312.webp7501125Deportes Carralhttps://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2024-12-12 16:19:522024-12-12 17:07:28XXIII TORNEO DE XADREZ DE NADAL EN CARRAL
Outro ano máis, Carral celebrará a súa campaña de turismo, a XXX edición, co obxectivo de seguir traballando no impulso de medidas que promovan a actividade turística e comercial durante o Nadal.
Así, ademais do concurso Tapeando Carral, celebrado recentemente, o Concello porá en marcha unha nova edición da súa campaña Volve a Carral no Nadal, na que se repartirán 2.000 euros en premios ás persoas que fagan as súas compras nos negocios adheridos.
A iniciativa estará en funcionamento durante un mes, entre o 12 de decembro e o 12 de xaneiro de 2025. Durante eses días, as persoas que realicen as súas compras nos comercios adheridos poderán optar a premios de entre 100 e 300 euros. En total, o Concello repartirá 25.000 rascas entre os que se atoparán dous galardóns de 300 euros, catro de 200 e seis de 100.
O funcionamento da iniciativa é sinxelo: as persoas que fagan o consumo mínimo recibirán un rasca. No caso de resultar agraciada, a persoa deberá entregar o boleto premiado no Concello, xunto co ticket de compra, ata o 30 de xaneiro. A cambio, expediráselle un cheque coa contía correspondente.
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/12/star-6803666_1280.jpg7841280prensahttps://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngprensa2024-12-11 11:37:532025-01-20 14:24:45CARRAL REPARTIRÁ 2.000 EUROS EN PREMIOS DURANTE A SÚA CAMPAÑA DE COMERCIO DE NADAL
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
El almacenamiento o acceso técnico sea estrictamente necesario con el fin legítimo de posibilitar la utilización de un determinado servicio expresamente solicitado por el abonado o usuario, o con la única finalidad de efectuar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estadísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.El almacenamiento o acceso técnico que se utilice exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una citación, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet o registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada solo con este propósito generalmente no se puede usar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento técnico o el acceso son necesarios para crear perfiles de usuario para enviar publicidad o rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.