A concellería de deportes espera xuntar a máis de 150 patinadores nesta xornada festiva que xa tradicional no outono carralés. Read more

Cartaz_IrinhaTeatro dos Gazafelhos ven a Carral o vindeiro domingo 24 de novembro cun contacontos dramatizado titulado “Iriña bailarina”.

É unha proposta dirixida a rapaces de 3 a 10 anos para reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais. É unha función promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, organizada polos departamentos de Normalización Lingüística e de Cultura do Concello de Carral.
Terá lugar no Edificio Social Toñito Espiñeira ás 12:00 h. A entrada é de balde e o aforo limitado.

A representación de “Dúas donas que bailan” de Teatro do Atlántico, incluída no ciclo de Teatro de Outono e prevista para este sábado, muda de data para o 14 de decembro ás 20:30 h.
O motivo do cambio é a baixa médica dun membro do elenco.
Esta mudanza afecta tamén ao espectáculo “Puño Puñete” de Baobab Teatro, que fica fixado para o venres 6 de decembro ás 19:00 h.
Ámbolos dous espectáculos terán lugar no Local Xente Nova de Tabeaio.

Cartel 2 rectificadas datas trazado ciclo teatro 2019.Puño Puñete-10 con dataDúas donas que bailan-10 con data

Este venres ofrécese unha película de aventuras que narra a historia da NASA para levar o primeiro home á lúa. O próximo filme de Cine na Casa da Cultura é “First man (El primer

Ciclo de Cine Concello Carral

Ciclo de Cine Concello Carral

hombre)”.
A proxección do filme protagonizado por Ryan Gosling comezará ás 20:30 h. Non está recomendada para menores de 7 anos.

A entrada é de balde e o aforo limitado.

A sala de audiovisuais da Casa da Cultura acollerá mañá a proxección do documental Arte+Muller+Galicia destinada a alumnado de 3º da ESO do instituto de Carral.

O filme, dirixido pola experta en arte Rosario Sarmiento, expón un achegamento ao traballo daquelas artistas mulleres cuxa obra resulta fundamental para entender o desenvolvemento da historia da arte en Galicia.

O alumnado terá ocasión, despois da proxección, de manter un coloquio coa directora.

Con esta actividade, o departamento de Cultura pretende reforzar o coñecemento e difusión das nosas artes plásticas, á vez que quere poñer en valor o importante papel que na creación artística teñen as mulleres, que se teñen que enfrontar a maiores dificultades que os homes para desenvolver unha carreira profesional no mundo das artes.

Cartel Charla Seguridade Viaria

Este domingo 24 de novembro, a partir das 11.30 h, a Policía Local de Carral impartirá unha charla enmarcada dentro da campaña autonómica de seguridade viaria de Peóns de mans da Dirección Xeral de Tráfico.

Nesta charlas trasladaranse normas e consellos que contribuían a mellora da seguridade dos peóns do municipios carralés.

Ao rematar esta charla repartiranse chalecos de alta visibilidade entre os asistentes ata esgotar existencias.

 

Para máis información pódese chamar á Policía Local de Carral (981.67.00.02) ou ao departamento de Educación (981.61.35.20).

 

O Concello de Carral, AFACO, a Federación de Alzhéimer de Galicia e a Consellería de Política Social organizan os días 26,27 e 28 de novembro un curso formativo dirixido a coidadores e coidadoras de persoas cunha demencia.
Estas sesións levarán a cabo de 17 a 20 horas na Casa da Cultura de Carral e os interesados ou interesadas en anotarse deben chamar AFACO no teléfono 981205858 ext. 3001.

AFACO

O Concello de Carral, dentro das actividades programadas para este mes de novembro pola área de Servizos Sociais, celebrará mañá o seu Magosto a partir das 14 horas no Campo da Feira.
O menú estará composto por polbo, carne ao caldeiro, prostre e café e, durante a tarde, serviranse castañas asadas. A recanteira do programa Luar da TVG, Ruth Cundíns, amenizará a tarde aos asistentes coa súa música.
Ademais, este domingo celebrarase outra sesión máis dos obradoiros de baile que levan a cabo de 17:30 a 20:30 todos os domingos no edificio Toñito Espiñeira. Neste caso correrá a cargo do dúo Karma.

CartelNovembroServSociais

O goberno local de Carral lanza o primeiro concurso de tapas ‘Carral, con moito gusto’ co obxectivo de darlle un impulso á actividade hostaleira e turística do pobo e dinamizar a vida social.
Tras finalizar o prazo de inscrición para que os establecementos hostaleiros participen nesta iniciativa, anotáronse un total de 8 hostaleiros: O Piolindo, A Rotonda, Bodega O Alpendre, A Taberna Siglo XXI, O Lareiras, O Caravel, Pizzería Centro, (Tabeaio) e Bocagrande (Tabeaio).
O concurso de tapas levarase a cabo do 5 ao 8 de decembro, aproveitando o ponte da constitución e os prezos dos petiscos serán de 1 euro cada un. Ademais, haberá premios para a xente que participe.
Desde o goberno local móstranse “moi satisfeitos coa acollida do concurso e esperan que sexa todo un éxito”.