Cartel Tabeaius CircusSete veciños de Tabeaio, todos eles membros da Escola Municipal de Teatro, representarán este sábado a obra Tabeaius Circus, unha comedia escrita polo director da escola, Carlos Sante.

O reparto, con idades comprendidas entre os 16 e os 72 anos, está formado por Lola Bestilleiro, Carmen Caridad, Julio Maceiras, Margarita Ramilo, Carmen R. Bocixa, Lorena Sánchez e Jesús S. Otero, e proceden todos do desaparecido grupo O Rueiro.

A función, incluída no ciclo Teatro de Outono que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Carral, comezará ás 20:30 h, no local Xente Nova de Tabeaio. Prégase puntualidade xa que non se poderá acceder á sala unha vez iniciada a representación.

Cartel contacontos AfricaO próximo xoves 24 ás 18:00 horas os ratos de Lonxedetodo visitarannos de novo cunha emocionante historia. A gran Lili Gruyére, recén chegada dunha viaxe por África, vainos contar e cantar anécdotas, xeitos de vida, contos e cancións deste continente. Así, explicaranos, con “jaima” e todo, como se toma o té no deserto, como se fai un turbante e recreará o lugar, onde tradicionalmente, se contan os contos nas aldeas de África.
Pequeno azul, pequeno amarelo de Leo Lionni e Canciones infantiles y nanas del baobab: el África negra en 30 canciones infantiles de Chantal Grosléziat, son os contos que nos presentará a Gran Lili. Será na Biblioteca Municipal da Casa da Cultura.

Adobe Photoshop PDFA Concellería de Cultura, como cada ano nestes meses, ofrece un novo ciclo de teatro, que traerá a Tabeaio e Carral a cinco compañías, tanto profesionais como afeccioadas.

As representacións comezarán este sábado co clásico de Castelao, Os vellos non deben de namorarse, a cargo de Fantoches Baj. Será no local Xente Nova de Tabeaio, ás 20:30 h. Coa direción de Inacio Vilariño, esta obra para adultos con monicreques e actores, segue con fidelidade os deseños escénicos feitos polo autor.

A vindeira semana será a Escola Municipal de Teatro a que represente Tabeaius Circus, unha comedia interpretada por veciños de Tabeaio baixo a dirección de Carlos Sante.

Cándido Pazó traerá outro texto dos clásicos da nosa literatura. Neste caso trátase da novela de Xosé Neira Vilas Memorias dun neno labrego. Esta obra teatral está colleitando un gran éxito por todas as vilas galegas nas que se ten representado.

Pola súa banda, o grupo da ONCE, Teatro Valacar, representará o 10 de decembro Somos tan imbéciles, unha comedia baseada nun programa de televisión.

E xa por último, para o público familiar, o edificio social Toñito Espiñeira acollerá a función de Títeres Babaluva coa súa obra O Crebanoces.

Todas as funcións son con entrada de balde. A organización solicita puntualidade na asistencia porque non permitirá o acceso aos espectáculos unha vez iniciados.

Cartel Teatro de Outono 2016web.

A organización conta con máis de 170 inscritos a falta de 2 días para o peche das listas. Read more

smart young boy doing his homework too much concentrated

smart young boy doing his homework too much concentrated

O alumnado de sexto curso do colexio Vicente Otero de Carral aprenderán a escribir un conto da man do xornalista e escritor Manuel Guisande.

A Concellería de Cultura organiza esta actividade no propio centro, en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, entre o 11 e o 14 de novembro.

Os rapaces aprenderán algúns dos aspectos básicos da escrita dun relato, como son a idea, os personaxes, a intriga, o desenvolvemento e o final, entre outros. Como remate deste obradoiro animaráselle ao alumnado a que escriban os seus propios contos para compartilos cos compañeiros e compañeiras.

O multipremiado filme británico Ex Machina preséntase este venres na Casa da Cultura, pechando o ciclo que se ofreceu durante as pasadas semanas.  Proxectarase ás 20:30 h. e está recomendada para maiores de 12 anos.

A película dirixida e escrita por Alex Garland encaixa nos xénero de ciencia ficción, drama e thriller psicolóxico. A trama relata como un empresario tecnolóxico multimillonario, que vive aillado, convida a un empregado para compartir unha semana con el nunha remota montaña. Presentaralle a Ava, a súa última creación, que é un robot-muller con intelixencia artificial.

Como ven sendo habitual no ciclo de cine, a entrada é de balde. Recoméndase retirar con anterioridades as entradas.

exmachina 2

O pasado venres día 4 de novembro, a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) organizou un concerto e un taller de improvisación para o alumnado de 4º da E.S.O. do I.E.S. de Carral.
Neste concerto, que se levou a cabo no edificio social “Toñito Espiñeira” as alumnas e alumnos, gozaron dun espectáculo a cargo de “Stomp Quartet”, un grupo madrileño de jazz formado por catro mozos, entre os que se atopa un veciño de Carral.
Ademais do concerto, que durou unha hora aproximadamente, os rapaces e rapazas puideron saber máis sobre a historia do jazz e os instrumentos que tocaban cada un dos compoñentes de esta banda, coma a batería, o contrabaixo, a frauta traveseira e o piano, dándolles a posibilidade incluso de tocalos.

IMG_20161104_123958

IMG_20161104_135343

IMG_20161104_135133

IMG_20161104_125113

IMG_20161104_124821

Kingsman. Servicio Secreto é a terceira película que a Concellería de Cultura do Concello de Carral ofrece no ciclo de cine de outono na Casa da Cultura.kingsman 3

Esta comedia de acción conta como un veterano axente espía inglés (Colin Firth) ten que adestrar a un rapaz da rúa (Taron Egerton) para convertelo nun competitivo membro da organización de espías e enfrontarse á ameaza global que lidera un peculiar e perigoso xenio da tecnoloxía (Samuel L. Jackson).

Esta é unha entretida película dirixida por Matthew Vaughn, na que hai aparicións de celebridades como Elton John ou David Beckham.

A proxección comezará ás 20:30 h. de mañá venres, 4 de novembro, con entrada de balde. É aconsellable retirar previamente as entradas, xa que as localidades son limitadas. Este é un filme calificado como non recomendado para menores de 16 anos.

O concello de Carral e o IES de Carral organizarán o próximo 26 de novembro a 1ª edición da carreira na que se espera xuntar a máis de 350 corredores. Read more

A colección visitable do Castro das Travesas ven de iniciar unha campaña de promoción para que os colectivos que o desexen poidan facer visitas guiadas.

A sala da Colección Visitable do Castro das Travesas está na Casa da Cultura de Carral, cun amplo horario e posibilidade de visitas guiadas. Na exposición móstranse case trescentas das mellores pezas recuperadas, xunto a unha explicación da configuración do castro.

Hai materiais, algúns únicos, de gran valor pola súa cualidade e a boa conservación que evidencian o carácter principal do asentamento, e amosan fortes relacións directas con Europa ao longo do tempo.

As instalacións da Colección Visitable son de visita gratuíta (sala expositiva e espazos arqueolóxicos), mais tamén existe a visita guiada que é de pago. As visitas guiadas están deseñadas para o público xeral e para a comunidade escolar, e serán complementadas con contidos inéditos nos que está a traballar o equipo científico. O desenvolvemento das visitas escolares están pensadas segundo os distintos currículos, desde primaria ata bacharelato. Preténdese unha ligazón entre os contidos escolares e o museo. Durante a visita están deseñadas actividades que reforzan os contidos do museo, adaptadas aos distintos niveis escolares.

As visitas guiadas deberanse solicitar no teléfono 981 672 580. A visita libre é sen guía e de balde a calquera das instalacións.

Descargar Folla promoción visitas guiadas Coleción Visitable Castro das Travesas