O Festival Internacional de TíterCartel Galicreques As Mariñas 2015es Galicreques do Consorcio das Mariñas segue coa súa programación, cunha nova representación este sábado no edificio social Toñito Espiñeira.
A función será ás 18:00 h, con Sapo y Sepo en abstracto de Títeres Larderos (Castela A Mancha). É un espectáculo infantil para maiores de 2 anos no que Sapo e Sepo son amigos inseparables, non saben vivir o un sen o outro. Os dous xuntos saen de paseo, coidan o xardín, buscan botóns e viven emocionantes aventuras. É unha pequena homenaxe ao Museo Abstracto de Cuenca, que no ano 2016 cumpre 50 anos, con ambientación e decorados en branco e negro, seguindo o estilo de Antonio Saura.
A entrada ao espectáculo é de balde e o aforo limitado.

Publícase o listado provisional de persoas admitidas e de reserva da Escola Infantil de Carral para o curso escolar 2015 -2016, por tramos de idade e orde de puntuación,segundo o anexo I de  resolución.

O prazo de reclamación é ata o 27 de setembro inclusive en horario de 9.00-16.00 na Escola Infantil. Ao día seguinte publicarase o listado definitivo e os prazos de matrícula.

Lista provisional

Para máis información poden chamar ao Servizo municipal de educación 981613520

 

logo-facebook-150x150Unhas das ferramentas de comunicación que emprega a Concellería de Cultura do Concello de Carral para difundir a súa actividade así como outras iniciativas de carácter cultural que inciden no municipio, ven de acadar a cifra de 1000 seguidores, o cal supón unha cifra salientable se se ten en conta que o censo de Carral son pouco máis de 6000 habitantes.

A páxina Culturacarral de Facebook estase a converter nun dos medios de difusión máis eficaces na estratexia de comunicación que desenvolve este departamento municipal, e na que están incluídas a cartelería, notas de prensa, comunicación a través do correo electrónico aos cidadáns que así o solicitan, a conta de Twitter @CulturaCarral, as páxinas web municipais e o blog culturacarral.blogaliza.org. Cultura leva anos prestando especial atención á comunicación, xa que a considera coma un dos factores fundamentais dos proxectos culturais que desenvolve, tentando que a súa actividade teña a maior incidencia posible na poboación carralesa.

Co obxecto de optimizar os aspectos de comunicación, os departamentos de Cultura, Deportes e Xuventude están a realizar enquisas coas que estudar os modos en que a sociedade de Carral recibe a información que emana das concellerías que teñen a súa sede na Casa da Cultura.

Despois dos éxitos acadados por Yésica Val e Sergio Pazos nas dúas primeiras funcións dos Venres de Monólogo de Carral, Isabel Risco presentará o seu personaxe Nabiza Girl para pechar este ciclo que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Carral.

Risco presentará o seu espectáculo este venres ás 21:00 h, no edificio social Toñito Espiñeira. A entrada é libre e o aforo limitado.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Isabel Risco será Chelo Garcia Naveira, máis coñecida como Naviza Girl, unha superheroína rural galega con denominación de orixe protexida con poderes que proveñen do sulfato e que acode ás chamadas de socorro de quen precisa do seu auxilio. Non se sabe se poderá atender ás necesidades de axuda de quen chama por ela, mais as risas están garantidas.

Isabel Risco é actriz, clown e pedagoga teatral. Desde o ano 2000 participa en espectáculos profesionais nas compañías Espello Cóncavo, Os sete magníficos máis un, Manicómicos e Produccións Desaqueloutradas, coas que ten participado nalgúns dos festivais de teatro e clown máis importantes da península.

No ámbito do audiovisual, traballa como actriz secundaria e protagonista en series como Padre Casares, A vida por diante, O Nordés ou Air Galicia, e outros programas da TVG como O Show dos Tonechos, En Pé de Festa, Zapping Comando, Máxima Audiencia, etc., e ultimamente en A Solaina, BumBumBumeran, Land Rober e Tourilandia; ademais de realizar curtas, publicidade e algunha longamentraxe, como Os mortos van de présa, Onde está a felicidade? ou 9 Ondas.

A Concellería de Cultura do Concello de Carral organiza para a ponte festiva do Pilar unha viaxe de carácter cultural ás cidades de Guadalajara e Alcalá de Henares, visitando tamén as de Ávila e Segovia.
O prezo por persoa é de 180 € e cubre todos os gastos da viaxe, con estancia en hotel de catro estrelas en Gaudalajara. A viaxe comezará o 10 de outubro e rematará o día 12, facéndose todos os traslados en autocar.
A Concellería de Cultura abrirá o prazo para inscribirse o luns 21 de setembro e pechándoo o sábado 3 de outubro. As prazas son limitadas e para obter máis información ou inscribirse deberán dirixirse á Casa da Cultura de Carral.

alcala-de-henares bn1

Serxio Pazos - cadradoHoxe chega ao ciclo Venres de Monólogo o actor Sergio Pazos, que presentará “Rebento se non o conto” ás 21:00 h. no edifico social Toñito Espiñeira.

Un galego recoñecido, ou recoñecible segundo se mire, atrévese a analizar unha realidade tan próxima e tan afastada como a que conforma España. Destripa os seus tópicos, as súas mentiras piadosas e as súas medias verdades coa ironía como único bisturí. E sempre coa percepción dun tipo que sae da súa terra para traballar. Como tantos outros. No fondo, é o que di Sergio: “hai máis galegos fóra que dentro”. Falou Pazos e falou ben.

No seu percorrido retranqueiro desta realidade reflexionará sobre os monólogos e de por que el non os fai (ou si), sobre xeito de sermos os galegos e sobre a idiosincrasia de Mariano Rajoy (que é galego ao 100%).  Tamén esmiuzará a apocalipse, os recortes e, sobre todo, falará da crise: na Casa Real, dos políticos, do goberno, entre outras cousas.

A entrada á función é libre ata completar o aforo.

 

fachada ies carral   inicio ies 15sept2015   inicio ies carral 2015Este curso iníciase cun novo centro educativo no Concello de Carral: o IES de Carral, que acollerá aos estudantes de 1º ata 4º da ESO. O día 15 e 16 de setembro son as presentacións de cada curso  no centro para comezar o inicio das clases o mércores para 1º e 3º e o xoves para 2º e 4º da ESO.

A páxina web do centro é a seguinte:  http://www.edu.xunta.es/centros/iescarral/

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Esta semana establécense dous días de portas abertas para que calquera persoa que teña inquietude de cómo é o instituto de educación secundaria, poida acceder ao mesmo para visítalo. Serán o xoves 17 e o venres 18 de setembro en horario de 17.00-19.00.

Para máis información podedes chamar ao Servizo municipal de Educación 981613520.

Foron un total de 15 os tenistas inscritos para esta XIV edición do torneo de tenis municipal de verán.

Martín Villamarín

Martín Villamarín

A XIV edición do torneo municipal de tenis de Carral, desenvolveuse ao longo dos meses de agosto e mediados de setembro. Esta competición estaba enmarcada dentro da programación deportiva municipal do verán.

Este ano contamos con 15 inscritos de todas as idades.  Os xogadores distribuíronse en dous grupos para a disputa dunha liguiña na que se enfrontaron todos contra todos e que durou desde o 1 de agosto ata o 1 de setembro. Dela conformáronse as fases finais, disputándose ao longo da primeira quincena de setembro os oitavos, cuartos e semifinais. Read more

O Concello de Carral presenta a nova oferta dos programas de Escolas Deportivas, Culturais e Educativas, que se iniciarán a partir do 1 de outubro e se desenvolverán ata o mes de maio.

Entre as actividades que se ofertan destacan bailes de salón, zumba, teatro, fotografía, mountain bike, informática para nenos e adultos, inglés, hockei, baloncesto, patinaxe, teares e tapices, cociña, ximnasia rítmica, debuxo e pintura e tai chi, entre outras. A oferta faise para diferentes localidades do municipio.

Para que unha escola poida iniciar as súas clases é necesario que teñan un mínimo de 15 persoas, e algunhas delas contan cunha limitación máxima de alumnado. Estas últimas cubriranse por rigurosa orde de inscrición.

Para informarse e inscribirse as persoas interesadas poden dirixirse á Casa da Cultura e ao Centro Deportivo (tel. 981 672 580).

O prazo para inscribirse rematará o 1 de outubro.

Folleto Escolas curso 15-16

Boletín Inscripción 15-16

 

A Concellería de Cultura do Concello de Carral presenta, dentro da súa programación para o último cuatrimestre, a segunda edición do ciclo “Venres de monólogo”. Neste ciclo terase ocasión de gozar das divertidas historias narradas polos galegos Yesica Val, Serxio Pazos e Isabel Risco.Yesica Val - recienteriendo

As sesións, con acceso de balde ata completar o aforo, terán lugar no Edificio Social Toñito Espiñeira de Carral, ás 21:00 h, coa seguinte programación:

– YESICA VAL co monólogo El humor desde otra visión: venres 11 de setembro
– SERXIO PAZOS co monólogo Rebento se non o conto: venres 18 de setembro
– ISABEL RISCO co seu monólogo Naviza Girl: venres 25 de setembro

Yésica Val, ou para algúns coñecida como “A Monologuista Cega”, abre o ciclo con “O humor dende outra visión”, un espectáculo cómico, crítico e atrevido que fusiona o humor negro co humor verde. Son historias da vida, relacións humanas e de parella, homes, sexo, cegueira, costumes, consumo, vicios… En definitiva, a vida cotiá. É unha función recomendada para maiores de 16 anos.

Cartel venres de monólogo Carral 2015