Esta semana tivemos a presencia de 22 alumnos franceses de entre 14 e 15 anos da pequena vila de Albertville, sede dos Xogos Olímpico de Inverno do ano 1992, situada nos Alpes Franceses que viñeron acompañados de dúas profesoras de español, Nathalie Jacquet e Chantal Cressend, do Collège Jeanne d’Arc. Este intercambio comenzou o ano pasado cunha primeria incursión de 13 alumnos do IES de Carral no mes de xaneiro do 19 ao 24, para establecer a primeira toma de contacto entre os dous centros. A experiencia foi tan ben acollida por ambas partes, que hai alumnos que todavía manteñen o contacto e incluso hai unha comunicación case a diario.
Este curso escolar, fíxose por primeira vez en Carral un intercambio de alumnos bilateral Albertville-Carral , recibindo as familias carralesas a 22 alumnos franceses do o 12 ao 18 de novembro, e os estudantes de Carral, viaxaremos no mes de febreiro, con data aínda sen confirmar. Esta iniciativa, xurde do Departamento de Francés, da profesora Verónica Mosquera Silva, que estableceu un primeiro contacto vía correo electrónico con varios centros da zona da Saboia, recibindo unha resposta positiva por parte deste centro que mantén relacións dende hai 2 anos para a consecución deste proxecto.
Os alumnos carraleses que participarán no intercambio cursan 2º, 3º e 4º da ESO, xunto con 4 alumnos de 1º de bacharelato do IES David Buján.
Este martes de 15 de novembro fixo o Alcalde Don José Luis Fernández Mouriño a recepción do grupo de intercambio neste concello de Carral e lle enseñamos o mellor do municipio como capital da industria panadeira. Ese dia ofrecérennos degustación dos seus queixos franceses e nos acompañámolos a unha panaderia de Carral onde fixeron pan de Carral e o levaron, a ruta de Costa da Egoa, visitando os muiños e o pazo das Cadeas.
O venres 18 remataron a súa estadía en Carral. Ata a próxima !!!