CLASES PARA PRESENTARSE AS PROBAS DE OBTENCIÓN DO TITULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA PARA MAIORES DE 18 ANOS E PARA PRESENTARSE AS PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE
No Edificio Social Toñito Espiñeira impártense clases para preparar ambas probas(ESO e COMPETENCIAS CLAVE) segundo o nivel e os obxectivos de cada persoa, que se valora no departamento de Educación do Concello. As clases son de luns a xoves de 9.30 a 13.00 e gratuitas. E se establecen unhas clases ou tutorías en horario de tarde para as persoas que traballen.
Tanto co título da Eso como cos niveis II E III das competencias claves se pode acceder a cursos de formación con certificado de profesionalidade que oferta o Servizo Publico de Emprego para desempregados. Con estas clases intentamos mellorar a formación e aumentar as posibilidades de inserción laboral.
A matrícula para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria é ata o 18 de marzo para presentarse ao exame do día 27 de maio.
A matricula para presentarse as probas de avaliación en competencias clave é ata o 2 de abril e a proba é o día 21 de maio.
Ambas matrículas se facilitan e entregan dende o departamento de Educación do Concello ata dous días antes do remate do prazo oficial.
Se estades interesados en matricularvos, asistir as clases ou obter documentación de estudo podedes chamar a Educación ao 981613520