CONTRATACIÓN DE TRES ALBANEIS E UN ELECTRICISTA, OFICIAIS DE SEGUNDA, AO ABEIRO DA LIÑA DE AXUDAS PEL-CONCELLOS 2023
Por decreto da alcaldía do 05 de abril de 2023 resolveuse iniciar o procedemento de selección para a contratación de tres albaneis e un electricista (oficiais de segunda), durante seis meses e a xornada parcial para o departamento de Obras municipal.
A contratación está financiada pola Excelentísima Deputación da Coruña ao abeiro do Programa de axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais nos concellos da provincia da Coruña (liña 1.1 PEL-CONCELLOS 2023) e os/as candidatos/as deben estar en situación de desemprego na data de inicio do proceso selectivo e atoparse nalgunha das situacións de exclusión laboral recollidas nas bases de selección.
Logo de publicarse este anuncio os/as interesados/as terán ata o venres día 14 de abril, inclusive, para a presentación de instancias
Máis información nas oficinas de contratación do Concello de Carral.