CULTURA PROXECTARÁ SEIS PELÍCULAS NA CASA DA CULTURA
A Concellería de Cultura do Concello de Carral ofrecerá un novo ciclo de cine para que as tardes de tres venres de xullo poidan compartir piscina e películas.
O programa deste ciclo comprende tres películas pensadas para os máis pequenos e que se proxectarán ás 6 da tarde, e outras tres producións de éxito para un público maior de 12 anos ou 16 anos que se ofrecen a partir das 20:30 h.
Todas as películas ofreceranse na sala de audiovisuais da Casa da Cultura de Carral.
As entradas son de balde, e poden recollerse na Casa da Cultura desde 48 horas antes do inicio de cada película. A reserva das localidades terán vixencia ata 5 minutos despois de iniciada cada proxección.