,

FESTA DO ROSARIO AS TRAVESAS

O vindeiro domingo, 27 de outubro, celebramos a Festa do Rosario das Travesas, organizada pola Asociación San Roque As Travesas e que conta coa colaboración do Concello de Carral.

A partir das 13:15 h terá lugar a misa e a continuación a sesión vermú co Trío Mar de Caión, despois o xantar popular e para rematar habará sesión de tarde (a partir das 16:30 h) tamén co co Trío Mar de Caión.

O menú do xantar popular consistirá en: Entrante, callos, postre e café.

As persoas interesadas poderán retirar os seus tickets consultando aos membros da Asociación San Roque As Travesas e en Casa Avelina. A entrada anticipada ten un custo de 8€ e de 12€ o propio día do evento. As prazas son limitadas a 180 racións.