O CINE CHEGA A QUEMBRE

El_ladr_n_de_palabras-671580645-largeNa noite do venres 8 de xullo, o cine ao aire libre chega a Quembre coa película El ladrón de palabras. Esta é unha proxección incluída na programación de cine da Concellería de Cultura do Concello de Carral, en colaboración coa Deputación da Coruña.

A película proxectarase ás 23:00 h. na pista deportiva do centro social de Quembre.

El ladrón de palabras trata da historia dun escritor fracasado que ten a fortuna de atopar un manuscrito. Publícao como seu e obtén un éxito espectacular que o converte nun dos mellores escritores do seu tempo. O autor do manuscrito resulta ser un ancián que o escribiu durante a súa mocidade, cando estivo destinado en París tras a Segunda Guerra Mundial.

O programa de cine ao aire libre continuará en Cañás o 25 de agosto e en Carral o 5 de setembro.