SPOTLIGHT É A PELÍCULA DESTA SEMANA NA CASA DA CULTURA
A proxección será o venres ás 20:30 h. A entrada é de balde e pódense retirar as reservas de localidades desde hoxe.
Dentro do ciclo Cine de Inverno da Casa da Cultura, esta semana proxéctase Spotlight, un drama baseado en feitos reais que conta como se descubriron os casos de pederastia por parte dalgúns sacerdotes de Massachussets. Foi unha das mellores películas do 2015, obtendo 2 premios Oscar como Mellor Película e Mellor Guión Orixinal. No reparto da película están, entre outros, Michael Keaton, Mark Ruffalo e Rachel McAdams, dirixidos por Thomas McCarthy.
A proxección será o venres ás 20:30 h. A entrada é de balde e pódense retirar as reservas de localidades desde hoxe.
Concello: 981670002
Policía local: 689544311 / 981670002
Protección civil: 112
Casa da cultura/bibliotecas: 981672580
Edif. Social Toñito Espiñeira: 981613520
Centro de saúde:981672186