Coa vista posta no inicio do próximo curso escolar, o Concello de Carral leva traballando, desde principios de mes, nalgúns dos centros educativos do termo municipal. En concreto, na escola unitaria de Tabeaio, na escola infantil A Galiña Azul e no Vicente Otero Valcárcel.
O Concello está a acometer estes traballos de mantemento atendendo ás demandas do equipo directivo de cada centro. Segundo indicou a tenente de alcalde, Florinda Duarte Gerpe, “o obxectivo é que a meirande parte destes labores se rematen antes de que comecen as clases”.
Traballos de axardinamento en Tabeaio
Na escola unitaria de Tabeaio proxéctanse varias actuacións. Non só se realizarán diversos traballos no exterior do centro como a mellora da zona axardinada, o arranxo de varios canlóns e o remache das paredes externas da escola, senón que se acometerán varias intervencións no interior. Entre elas destaca o pintado de varias paredes das aulas, corredores e do baño, así como a colocación de estores nas xanelas. O prezo total destas cortinas ascende a 1.000 euros. Ademais, o goberno local estuda a posibilidade de dotar ao centro cun arcón exterior para que os alumnos poidan gardar os xoguetes.
Novo peche para a pista polideportiva no Vicente Otero
Pola súa banda, no Vicente Otero Valcárcel os traballos foron máis numerosos. Unha das actuacións máis importantes será a renovación do peche actual da pista polideportiva. Esta instalación é unha das máis frecuentadas polo alumnado, polo que o Concello ve esta intervención como prioritaria.
Así mesmo, a colocación dunha fonte nas inmediacións do pavillón será, sen dúbida, outra das novidades máis importantes. Esta fonte, que custou ao redor de 400 euros, será instalada nas próximas semanas.
A colocación dos mastros para as bandeiras (por importe de 630 euros), a revisión e arranxo dos baños, a instalación de luces nalgúns servizos e o pintado das aulas de 5º e 6º de primaria son só outros dos traballos que se están levando a cabo no colexio. Igualmente importantes son outros traballos de mantemento como a substitución do mobiliario que se atopa en peores condicións. A colocación de persianas venecianas e estores (cuxa adquisición valeu sobre 1.500 euros) é outra das melloras que o Concello implementará no Vicente Otero.
Un lavado de cara para A Galiña Azul
Na escola infantil A Galiña Azul están a realizarse tamén diversos labores de mantemento. Dentro da lista de actuacións, destaca a pintado da aula Azul, da aula Vermella, da aula Lila e do corredor de acceso a esas clases. Así mesmo, instalarase unha varanda na escaleira do centro.
Segundo sinalou Duarte, ” estanse atendendo a meirande parte dás demandas solicitadas polos centros, dándolle máxima prioridade ás máis urxentes”.
Tag Archive for: carral
O xogador do club Xiria de Carballo, fíxose co título de campión na categoría absoluta nunha apertada última rolda. Read more
A comisaria da exposición Francisco Llorens, pintor das Mariñas, Rosario Sarmiento, fará unha visita guiada pola mostra o venres 24 de agosto ás 19:00 h, da que poden gozar todas as persoas que o desexen. Xunto á comisaria estará comentando a exposición unha das fillas do pintor.
A mostra, que está instalada no Campo da Feira ata o 31 de agosto, fai un repaso pola traxectoria artística de Llorens, que é un dos paisaxistas de referencia na historia da arte do século XX en Galicia e en España. As Mariñas foi unha zona na que realizou múltiples obras. En Carral frecuentou o pazo de Vilasuso, desde onde pintou o fermoso Val de Barcia.
Para asistir á visita guiada, non é necesario anotarse previamente.
A exposición e a visita guiada están promovidas polo Consorcio das Mariñas, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Carral para a súa presentación no municipio.
Foron 13 as actividades deportivas que comezaron esta pasada semana, xuntando a máis de 410 alumnos/as. Read more
A concellería de deportes agarda uns 40 inscritos nesta competición que terá lugar o vindeiro 25 de agosto. Read more
O corredor do club Ciclista Betanzos revalida a camisola de campión desta 7ª edición. Read more
Este ano a celebración da Festa da empanada de Carral vai ser o xoves 6 de setembro a partir das cinco da tarde. Como cada ano, diferentes panaderías carralesas venderán as súas empanadas para tódolos gustos: bonito, bacallau, zamburiñas, carne,..etc entre outras viandas..Poderemos disfrutar dunha tarde agradable comendo no campo da feira e bebendo viño de forma gratuita.
Ademáis estarán grupos folclóricos amenizando a tarde con gaitas, pandeiretas e baile tradicional galego.
Festa gastronómica de grande interese turístico no que se poden achegar tanto persoas veciñas como foráneas a desfrutar das elaboracións dos fornos carraleses.
En breve publicaremos o cartel…
Máis de 40 inscritos/ as nesta nova edición dos cursos de natación estivais. Read more