O Concello de Carral acaba de abrir o prazo de inscrición para as rutas a cabalo do mes de xullo que terá lugar o sábado 27 de xullo entre ás 18.00 e as 19.00 h.
A actividade desenrolarase a cargo do Centro Ecuestre Finca Abrigosa (San Vicente de Vigo), e está dirixida a persoas (maiores de 7 anos) que desexen gozar dos cabalos e a natureza.
O obxectivo desta competición é o fomento do deporte e a natureza entre a poboación, así como a posta en valor da riqueza medioambiental de Carral. Tamén quérese posibilitar a práctica de novas modalidades deportivas aos habitantes do municipio.
Para todas aquelas persoas que desexen máis información ou inscribirse, poden facelo ata o 25 de xullo, no Complexo Deportivo de Carral, no 678.33.88.47 ou a través do formulario web habilitado para tal fin: https://forms.gle/fxmseP48VVxbDz7T7
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/07/Rutas-a-cabalo-xullo-2024-scaled.jpg25601810Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2024-07-22 08:00:002024-07-22 14:38:03ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS RUTAS A CABALO DO MES DE XULLO
Os grupos están divididos en función das idades dos inscritos, tendo preferencia os empadroados, naqueles grupos nos que se superan os rateos alumnos/monitor.
Impartiranse clases de 45 minutos, nos seguintes horarios:
Grupo 1: nados do 2014 ao 2011, de 11:45 a 12:30 h.
Grupo 2: nados do 2017 ao 2015, de 12:30 a 13:15 h.
Grupo 3: nados do 2021 ao 2018, de 13:15 a 14:00 h.
O prazo de pago será ata o 28 de xuño (14:00 h).
Formas de pago: (28 €/alumno/a)
Mediante transferencia bancaria (ES21 2100 5781 3102 0000 1826), para o cal será imprescindible enviar o resgardo de ingreso ao mail complexo.deportivo@carral.es.
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/06/Cursos_Natacion_xullo2024-1-scaled.jpg25601804Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2024-06-26 19:04:402024-06-26 19:04:40PUBLÍCANSE AS LISTAXES, GRUPOS E HORARIOS DOS CURSOS DE NATACIÓN DO MES DE XULLO
Carral abre este venres, 7 de xuño ás 9:00 h, o prazo de inscrición nos campamentos de verán, un programa co que o Concello busca favorecer a conciliación entre as familias do municipio. O período de inscrición estará aberto ata o 14 de xuño ás 12:00 h, dándolles aos veciños e veciñas a posibilidade de inscribir aos nenos e nenas nalgunha/s das 9 semanas que se ofertan dende o 1 de xullo ata o 30 de agosto.
Como nas últimas edicións, o Concello mantén o horario ampliado destas actividades. Deste xeito, os pequenos e pequenas poderán ser atendidos entre as 10.00 ata as 14.00 horas xa que, ademais das propias actividades dos campamentos, o Concello ofrece servizos opcionais de Madrugadores (de 7.30 a 10.00 horas) e de tempo de xantar (de 14.00 a 16.00 horas).
Os campamentos, dirixidos a rapaces e rapazas de 3 a 11anos, terán lugar ao longo de todo o verán divididos en quendas semanais (9), tendo preferencia os nenos e nenas empadroados ou matriculados nos centros de ensinanza de Carral:
1ª semana: do 1 ao 5 de xullo (120 prazas)
2ª semana: do 8 ao 12 de xullo (120 prazas)
3ª semana: do 15 ao 19 de xullo (120 prazas)
4ª semana: do 22 ao 26 de xullo (120 prazas)
5ª semana: do 29 de xullo ao 2 de agosto (120 prazas)
6ª semana: do 5 ao 9 de agosto (120 prazas)
7ª semana: do 12 ao 16 de agosto (90 prazas)
8ª semana: do 19 ao 23 de agosto (90 prazas)
9ª semana: do 26 ao 30 de agosto (90 prazas)
O prezo destes campamentos é de 30,00 €/semana, e o prezo polo uso do servizo opcional de madrugadores (7:30-10.00 h)/tempo de xantar (14:00-16:00): 9,25 €/semana.
As inscricións poden tramitarse ata o 14 de xuño. Para facelo, os veciños e veciñas poderán cubrir o boletín de inscrición dispoñible na páxina web do Concello ou, se o prefiren, cumprimentar o formulario online da web municipal. Como noutras convocatorias, as persoas interesadas terán a posibilidade de inscribir aos nenos e nenas por semanas soltas.
https://carral.es//wp-content/uploads/2024/06/Cartel-xeral-Final2.jpg24801748Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2024-06-07 08:26:212024-06-07 10:30:59CARRAL ABRE O PRAZO DE PREINSCRICIÓN NOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE VERÁN 2024
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2024-05-27 11:50:402024-05-27 11:51:22SORTEO DOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
1. Servizo Madrugadores: 7.30 a 10.00 h * 2. Campamentos: 10.00 a 14.00 h, ESTE HORARIO SERÁ “OBRIGATORIO” PARA TODOS OS NENOS/AS, non podendo nin entregar nin recoller aos nenos/as durante o mesmo salvo excepcións previamente comunicadas. 3. Tempo de Xantar: 14.00 a 16.00 h *
*Nota. Os nenos/as que fagan uso destes horarios deberán traer o seu almorzo ou xantar da casa.
LUGAR:
Recinto escolar e pavillón do Colexio Vicente Otero Valcárcel.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/12/Campamentos-Deportivos-de-Nadal.jpg24801748Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2023-12-19 20:23:292023-12-19 20:24:13PUBLÍCANSE AS LISTAXES DE ADMITIDOS NOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE NADAL
Carral abre hoxe, martes 12 de decembro, o prazo de solicitude dos campamentos de Nadal, un programa co que o Concello busca favorecer a conciliación entre as familias do municipio. O período de inscrición estará aberto ata as 14.00 h do 19 de decembro.
Como nas últimas edicións, o Concello mantén o horario ampliado destas actividades. Deste xeito, os pequenos e pequenas poderán ser atendidos entre as 7.30 ata as 16.00 horas xa que, ademais das propias actividades dos campamentos, o Concello ofrece servizos de Mañanceiro (de 7.30 a 10.00 horas) e de Xantar (de 14.00 a 16.00 horas).
Estes campamentos, dirixidos a rapaces e rapazas nados entre os anos 2013 e o 2020, terá unha temática deportiva, con especial atención aos deportes de inverno e as disciplinas locais. Ofertaranse 60 prazas, tendo preferencia os nenos e nenas empadroados ou os que acudan aos centros de ensinanza de Carral.
Para inscribrise, os veciños e veciñas poderán cubrir o boletín de inscrición dispoñible na páxina web do Concello ou, se o prefiren, cumplimentar o formulario online da web municipal.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/12/Campamentos-Deportivos-de-Nadal.jpg24801748Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2023-12-12 08:55:002023-12-12 09:05:10ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE NADAL
En cumprimento das bases reguladoras da “Campaña de Neve 2024” da Deputación da Coruña, comunícase a todos os interesados que o MARTES 5 DE DECEMBRO, ÁS 10.00 H NO SALÓN MUNICIPAL DE PLENOS terá lugar o SORTEO PÚBLICO DAS 6 PRAZAS ADXUDICADAS A ESTE CONCELLO, ASÍ COMO A ORDE DOS SUPLENTES.
http://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.png00Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2023-12-02 17:30:122023-12-04 17:36:53SORTEO DAS PRAZAS (6) DA CAMPAÑA DA NEVE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O concello oferta 100 novas prazas para un total de 18 actividades/grupos. Os interesados poderanse inscribir nas ofertadas dende o 2 ata o 5 de outubro.
Dende ás 00:00 do luns 2 de outubro, concello de Carral abre un segundo prazo de inscrición no programa das escolas deportivas, culturais e educativas para aquelas actividades nas que quedaron prazas vacantes.
O prazo pecharase o día 5 de outubro ás 23.59 h. Os alumnos/as inscritos serán contactados polos departamentos municipais correspondentes e poderán incorporarse ás correspondentes actividades dende o luns 9 de outubro.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/09/Interior-Definitivo-1-scaled.jpg18102560Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2023-09-28 18:03:352023-10-11 17:03:38ÁBRESE O SEGUNDO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO 2023-2024 DAS ACTIVIDADES MUNICIPAIS DE CARRAL
Abrirase un novo prazo de inscrición entre o 2 e o 5 de outubro para as actividades nas que quedaron prazas vacantes.
Rematado o prazo de inscrición no curso 2023/2024 das escolas deportivas, culturais e educativas do Concello de Carral, fanse públicas as listas das solicitudes admitidas e as reservas, así como o lugar e data de inicio de cada unha das actividades.
LISTAS ACTIVDIADES
O mércores 27 publicarase a relación das prazas vacantes nas actividades nas que non se encheu o cupo de inscritos, abríndose un novo prazo de inscrición entre o 2 e o 5 de outubro.
Para calquera consulta ou aclaración deben de poñerse en contacto coa Casa da Cultura de Carral – casadacultura@carral.es ou 981.67.25.80, entre as 8:30 – 14:30 h e as 17:00-20:00 h.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/09/yoga-2959214_1280.jpg8531280Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2023-09-25 16:27:212023-09-25 16:36:12PUBLÍCANSE AS LISTAS DE ADMITIDOS E RESERVAS DAS ESCOLAS MUNICIPAIS – CURSO 2023/2024
O Concello de Carral presenta a súa programación de escolas municipais que inclúe, un ano máis, diferentes actividades para todos os gustos e idades.
O período de inscricións abriuse hoxe, mércores, ás 09:00 horas e estará activo ata o 20 de setembro. Poderá pecharse antes se se completan todas as prazas da modalidade.
As prazas son limitadas e as solicitudes deberán presentarse preferiblemente a través do correo electrónico casadacultura@carral.es e tamén de forma presencial na Casa da Cultura de Carral.
As formacións darán comezo a primeira semana de outubro, sendo responsabilidade do alumnado informarse nas dependencias municipais das datas, horas e lugares concretos das súas actividades.
A cota xeral será de 14 euros mensuais por persoa e actividade ou de 15 euros para aquelas que inclúen tres horas semanais. O prezo da Escola de Música é de 40 euros ao mes.
Haberá bonificacións para as familias numerosas, para persoas da terceira idade ou con discapacidade e para as voluntarias de Protección Civil. Todos elas terán un desconto de tres euros ao mes por actividade.
Deportes Atletismo, ioga, patinaxe, rítmica e judo son as modalidades ofrecidas para os máis pequenos e pequenas no pavillón do colexio. Por outra banda, deportes como equitación, baloncesto, pádel, tiro con arco e tiro olímpico serán as opcións para o público xeral.
Os adultos terán tamén á súa disposición clases de zoa e ioga. Ademais, durante este curso ofreceranse, a través do departamento de Deportes, cursos de iniciación a diferentes modalidades deportivas.
Cultura O departamento de Cultura ofrecerá diversas actividades destacando unha formación en teares e tapices que se desenvolverá os xoves, de 17:00 a 20:00 horas, no centro de formación Antón Fraguas.
Educación O CEIP Vicente Otero Valcárcel volverá contar con servizo de madrugadores, de 7:30 a 9:20 horas, e de conciliación, de luns a venres de 15:20 a 16:20 horas.
BOLETÍN DE INSCRICIÓN(non se aceptarán inscricións anteriores ás 9:00 do mércores 6 de setembro)
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/09/yoga-2959214_1280.jpg8531280Deportes Carralhttp://carral.es//wp-content/uploads/2022/11/logo1.pngDeportes Carral2023-09-05 17:52:032023-09-06 16:36:49CARRAL ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS ESCOLAS MUNICIPAIS DO CURSO 2023-2024
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
El almacenamiento o acceso técnico sea estrictamente necesario con el fin legítimo de posibilitar la utilización de un determinado servicio expresamente solicitado por el abonado o usuario, o con la única finalidad de efectuar la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estadísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.El almacenamiento o acceso técnico que se utilice exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin una citación, el cumplimiento voluntario por parte de su proveedor de servicios de Internet o registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada solo con este propósito generalmente no se puede usar para identificarlo.
Marketing
El almacenamiento técnico o el acceso son necesarios para crear perfiles de usuario para enviar publicidad o rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.