A sala de exposicións do edificio social Toñito Espiñeira acolle do 16 ao 30 de xuño unha exposición con algúns dos traballos feitos durante o curso que ven de rematar.
Unhas 40 fotografías son as que presenta o alumnado desta escola cultural, que se desenvolveu desde outubro na Casa da Cultura coa docencia de Fran Martínez.
A escola de fotografía é unha das de maior antigüidade no programa de escolas municipais e pola que teñen pasado uns 230 alumnos. O obxectivo principal deste obradoiro é o de ofrecer formación ampla sobre o mundo da fotografía, para o cal dispón de equipo de estudio que se pon a disposición do alumnado para a realización dos seus traballos.
O novo curso comezará no mes de outubro, dentro da oferta de escolas municipais de Cultura, Deportes e Educación, e para o que será necesario inscribirse no mes de setembro.