TEATRO DE OUTONO REMATA CUN ESPECTÁCULO PARA BEBÉS

O programa de teatro que veu desensolvendo a concellería de Cultura nestes meses remata o martes 22 de decembro co espectáculo para bebés “A alfombra máxica” de Títeres Babaluva.

_PX_4818w“A alfombra máxica” é un prelibro onde a artista plástica convida aos máis pequenos a mergullarse nunha viaxe sensorial. Un lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfactiva. Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver… Unha invitación a xogar, explorar, experimentar con todo o corpo. Xogos, música e outras sorpresas viaxarán cos máis pequenos e cos seus acompañantes adultos por un mundo de emocións e sensacións.

Este espectáculo-obradoiro realizarase na sala polivalente do edificio social Toñito Espiñeira, ás 17:00 h. O aforo está limitado e prégase puntualidade aos espectadores.