INSTALau-01A concellería de Cultura do Concello de Carral ofrece diversas propostas culturais desde o mércores ata o domingo desta semana.

A escritora Emma Pedreira visitará este mércores o Club de Lectura da Biblioteca municipal para comentar coas súas participantes sobre o proceso creativo na escrita de poesía, centrando a atención na súa obra Libro das mentiras co que gañou o premio Concello de Carral no ano 2011.

Os ratos da biblioteca de Trinketrinke volven este xoves para ofrecer a nenas e nenos de 5 a  8 anos de idade o seu contacontos teatral Aprendendo a querer, que aborda o tema da saúde afectiva. A sesión terá lugar na Casa da Cultura ás 18:00 h.

O programa Cine na Casa da Cultura presenta o venres, ás 20:30 h. o filme galego Eroski Paraíso, producida a partir da exitosa obra teatral homónima da compañía Chévere e protagonizada por Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo. Conta distintas historias reais ocorridas na sala de festas “Paraíso”, que funcionou en Muros ata o ano 1990 e que logo foi convertida nun supermercado.

Teatro da Ramboia trae o sábado a Tabeaio O meu mundo non é deste reino, unha obra teatral baseada no texto de Manuel María e que se presenta en Carral grazas ao convenio que o Concello ten coa fundación do autor chairego. O espectáculo comezará ás 20:30 h.

Durante a fin de semana a Casa da Cultura e o pavillón do Espiño acollerán o ciclo Elas son artistas que se ven desenvolvendo na Coruña e nos concellos da súa área metropolitana. En Carral a actividade consistirá por unha banda na realización dun mural a cargo dun grupo de mozas e nun concerto de Lau, unha xove cantautora de Cambre que está a sorprender pola súa calidade artística en todos os concertos que leva feito. A súa actuación terá lugar no pavillón municipal ás 18:00 h. do domingo, mentres as participantes no obradoiro de pintura rematan o mural ao seu carón.Eroski_Para_so-342605765-large

Para todas as actividades é necesario inscribirse no teléfono da Casa da Cultura 981 672 580, dadas as limitacións de aforos e para garantir as medidas sanitarias que axuden a evitar os contaxios do coronavirus. Todas as sesións rematarán coa antelación suficiente para poder respectar as limitacións de movilidade fixadas polo estado de alarma.

 

 

O Concello de Carral acaba de pospor o inicio das Escolas Municipais atendendo á evolución epidemiolóxica da COVID-19 en Galicia. A Xunta de Galicia decretou novas restricións para toda a comunidade que entraron en vigor hoxe, xoves 22 de outubro. Entre elas, o organismo autonómico limita a realización de actividades en instalacións deportivas cubertas a grupos de 5 persoas como máximo –sen contar ao monitor-, sexan ou non conviventes.

O goberno local incide en que “nesta situación, a saúde e o benestar dos veciños e veciñas é a máxima prioridade, polo que adiaremos o inicio destas actividades ata que mellore a situación sanitaria”.

As actividades dirixidas que se levan a cabo no Complexo Deportivo, ao longo de todo o ano, manteranse. Iso si, o desenvolvemento destas adaptaranse á última resolución anunciada pola Xunta de Galicia. Isto é, os grupos estarán compostos por un total de 5 persoas.

Co fin de reanudar o programa tan pronto como a situación sanitaria o permita, o Concello manterá aberto o prazo de inscrición. Así, as persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude cuberta e asinada, preferiblemente, de xeito telemático a través do correo casadacultura@carral.es ou da sede electrónica carral.es. Así mesmo, poderán presentala de xeito presencial na Casa da Cultura ou no Complexo Deportivo.

Boletín informativo Escolas Municipais Concello de Carral

O Concello abrirá mañá, martes 20 de outubro, o prazo de inscrición para as súas Escolas Municipais. Co fin de reducir o risco de contaxio pola COVID-19, as 17 propostas que conforman a oferta desta edición levaranse a cabo atendendo a un estrito protocolo de seguridade. Así, o desenvolvemento das actividades estará limitado a grupos de 10 persoas (nove participantes máis o monitor/a), a máscara será obrigatoria e procurarase manter, en todo momento, a distancia interpersoal de seguridade.

O protocolo elaborado pola Concellería de Deportes indica o seguinte: as instalacións ventilaranse tanto durante o desenvolvemento da actividade como despois da participación de cada grupo –os labores de ventilación complementaranse coa desinfección da estancia-. A maiores, non poderá acceder ao recinto ningunha persoa agás o propio alumno/a, queda prohibida a utilización dos vestiarios e os baños só poderán empregarse en caso de urxencia.

Na convocatoria actual, o Concello ofrecerá as seguintes actividades:

  • Atletismo escolar (a partir de 5 anos)
  • Ximnasia rítmica escolar (nados no 2017 e anteriores)
  • Patinaxe escolar (a partir de 4 anos)
  • Tiro con arco (a partir de 6 anos máis persoas adultas)
  • Baloncesto (a partir de 6 anos)
  • Pádel (a partir de 6 anos máis persoas adultas)
  • Equitación (a partir de 7 anos máis persoas adultas)
  • Tiro olímpico (a partir de 8 anos máis persoas adultas)
  • Zumba (a partir de 14 anos)
  • Tai Chi (a partir de 14 anos)
  • Ioga (a partir de 14 anos)
  • Jumping fitness (a partir de 14 anos)
  • Pilates (a partir de 14 anos)

Os socios do Complexo Deportivo poderán acceder, ademais, á seguinte oferta deportiva gratuíta: Zumba, G. Training, Abdominais, Circuit T., CORE y GAP.

O Concello contará tamén cos programas Aprender a aprender e Debuxo e pintura como parte da oferta de educación. Ademais, o executivo ofrece o servizo Madrugadores e o Venres Ventevindo.

As persoas interesadas deberán presentar a solicitude cuberta e asinada, preferiblemente, de xeito telemático a través do correo casadacultura@carral.es ou da sede electrónica carral.es. Así mesmo, poderanse presentar de xeito presencial na Casa da Cultura ou no Complexo Deportivo. O prazo de solicitude estará aberto desde mañá, 20 de outubro ás 9.00 horas, ata o día 28.

Boletín informativo Escolas Municipais Concello de Carral

O Concello de Carral mantén a súa aposta pola cultura segura. Así se reafirmou hoxe, venres 16 de outubro, coa presentación oficial do Ciclo de Teatro de Outono. A iniciativa arrincará, sábado día 17 de outubro, e prolongarase ata o mes de decembro, ofrecendo un total de oito funcións teatrais.

Ao acto de presentación acudiron o alcalde de Carral, Javier Gestal, o concelleiro de Cultura, Francisco Bello, o deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto Rodríguez, e varios membros do goberno local. Así mesmo, o evento contou coa presenza de representantes dalgunhas das compañías que participarán neste ciclo: Pérez&Fernández, Producións Teatrais Excéntricas, Teatro da Ramboia, Talía Teatro e Malasombra Producións.

Durante a súa intervención, o rexedor agradeceu a colaboración da Deputación da Coruña a través da súa Rede Cultural, e aproveitou para reafirmar o compromiso do Concello co desenvolvemento de actividades culturais. Pola súa parte, os membros das compañías teatrais agradeceron ao Concello a súa aposta por este sector, un dos máis afectados pola pandemia da COVID-19.

Un programa para todos os públicos

Todos os espectáculos do ciclo levaranse a cabo no local Xente Nova de Tabeaio ás 20.30 horas, e realizaranse atendendo a un estrito protocolo para evitar contaxios pola COVID-19.

O primeiro terá lugar mañá, sábado 17 de outubro. Será entón cando a compañía Talía Teatro aterre con Vida de cans. Trátase dunha comedia paródica e metafórica na que os actores se converten en tres cans. Durante a función, os animais terán que afrontar un conflito diferente en función da súa personalidade.

Malasombra Producións tomará o relevo con Bernarda o sábado, 24 de outubro. A función está protagonizada por Bernarda, unha muller dura e loitadora cuxa personalidade se forxou a raíz da súa infancia na posguerra. Ao morrer o seu marido, a muller ten que asumir o papel de pai e de nai, educando ás súas fillas o mellor que sabe.

O meu mundo non é deste reino, de Teatro da Ramboia, será a vindeira proposta do Ciclo de Teatro de Outono de Carral -31 de outubro-. Neste caso, trátase dunha adaptación da Farsa de Bululú de Manuel María na que se presenta unha parodia da ditadura franquista.

O ciclo continuará o 14 de novembro coa interpretación de Halsel, da compañía cullerdense O Ruiseñor. A historia preséntase como unha metáfora ambientada no inicio da Guerra Civil española na que se combina a beleza e a dureza, converténdoa nunha función única.

O Ciclo de Teatro de Outono contará, o 21 de novembro, coa interpretación de Os nenos da variola, de Pérez & Fernández. A obra está baseada na Real Expedición Filantrópica da Vacina que partiu desde o porto da Coruña o 30 de novembro de 1803. Ese día, 22 orfos e orfas conformaron unha cadea humana “brazo a brazo” para facer chegar a vacina aos territorios de ultramar.

Culturactiva Producións chegará ao municipio co seu espectáculo cómico Senior, no que os actores Luis Iglesia e Marcos Orsi explicarán ao público como é a crise dos 50. Unha reflexión en clave de humor sobre a chegada ás portas da terceira idade.

Decembro contará coa representación de Lolo e mamá, por parte De Ste Xeito Producións. Trátase dunha danza teatral na que o público descubrirá, a través do humor, que as cousas case nunca son o que semellan.

O Ciclo cerrarase con Cartoons, unha proposta de Producións Teatrais Excéntricas. A función narra a historia de persoas que o perderon todo e que teñen que aprender a facelo de novo. Todo parece un drama, peor en realidade non o é.

Os aforos de todas as funcións son limitados, polo que as persoas interesadas deberán reservar os seus convites chamando ao teléfono 981 67 25 80.

 

📣📣Como algúns xa sabedes o alumnado do Ceip Vicente Otero Valcárcel dispón de nova directiva na 👝🎓🎓Anpa Ana Lastra López. A directiva reuniuse xa varias veces coa concellería de Educación para realizar as colaboracións que sexan posibles.
Unha delas é difundir esta 🎯información:
–Debido á situación na que nos atopamos nesta nova normalidade, as asambleas presenciais non as poden/deben realizar por seguridade.. Para solucionar este obstáculo da mellor maneira, están habilitando tódolos medios que ao seu alcance para que a quen lle interese facerse soci@ poida contactar sen problema. Pode ser tamén para plantexar dúbidas, xestións ou calquera outra información que se necesite.
   —O seu número de teléfono é ☎️ 654103317
   —Teñen 📧 instagram e 📧facebook Anpa Ana Lastra Lopez @anpanalastralopez
   — E o correo electrónico é anpanalastralopez@gmail.com
Tamén dende a Concellería de Educación dispoñemos da ficha de soci@ en caso de que alguén a necesite. Tan só tedes que chamar a ☎️☎️Educación 678338872 e se imprime ou tamén podedes descargarla do enlace desta nova:
ficha socio definitiva_page-0001
A nova directiva pide que os que xa son soci@s contactedes por whatsapp ou mail e actualicedes emails, telefonos,..etc se non estades recibindo as notificacións que fan.
Moitas Gracias pola vosa colaboración e atención.
🗣🗣🗓🗓É moi importante ser partícipe activo da educación dos nosos fill@s, por eles por nós, por toda a comunidade educativa.

O Concello de Carral é un dos concellos que todos os anos participa no Encontro Internacional de Música de Pulso e Púa no Camiño 2020. Nesta edición, por mor das limitacións provocadas polo Covid19, o festival emitirá en directo (abaixo nesta nova) unha gala cos detalles indicados na imaxe.

V Encontro_03_Carteles_v3-w



O Concello de Carral busca reforzar a seguridade viaria en todo o termo municipal. Un dos proxectos que xa arrincou e que dará cumprimento a este obxectivo é a mellora de dúas vías na parroquia de Paleo: por unha banda, a que comunica o centro médico con Agra de Paleo e, pola outra, a que une Grela de Paleo co lugar do Quenllo. Como explican desde o goberno local, estas intervencións servirán para “mellorar a rede de camiños do municipio e para reforzar as condicións de seguridade tanto para os vehículos e para os peóns”.

No caso do camiño do centro de saúde a Agra de Paleo, as actuacións basearanse na pavimentación do firme mediante mestura asfáltica, limpeza de cunetas, colocación dun canlón de drenaxe e no pintado lateral do vial.

FOTO CARRAL- Mejora viales en Paleo 1

No caso do camiño entre Grela de Paleo e o lugar do Quenllo, ampliarase o ancho da estrada e realizaranse, ademais, os seguintes traballos: creación dun noiro, formación de cunetas para a drenaxe do vial, subministración e compactación de capa de saburra e de rodadura formada por tripla rega asfáltico.

A mellora nestas dúas vías realizarase cun orzamento de máis de 50.000 euros.

Así mesmo, o executivo iniciou os traballos para elevar un dos pasos de peóns situados na rúa Víctor Velasco (DP-2104). O novo paso substituirá as bandas redutoras situadas actualmente neste punto, e obrigará aos condutores para minorar a velocidade ao seu paso pola zona.

 

FOTO CARRAL- Paso elevado rua Victor Lopez Seoane

A mellora das infraestruturas e os servizos para os veciños e veciñas é unha máxima para o goberno local. Como parte deste compromiso, o Concello acaba de iniciar as obras de rehabilitación enerxética dos locais das Travesas e San Vicente de Vigo. Estas actuacións teñen un custo de máis de 100.000 euros e fináncianse a cargo de dúas subvencións do IDAE -Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía-. Estes traballos consistirán na renovación das fachadas, as cubertas e as carpinterías exteriores para illar termicamente ambos os inmobles.

O obxectivo destas intervencións, tal e como sinalan desde o equipo de goberno, “é que unha vez rematadas estas actuacións estes edificios se convertan en espazos enerxeticamente eficientes”.

No de San Vicente de Vigo aplicarase un sistema de illamento térmico exterior de la de roca de 8 cm e substituirase a cobertura de fibrocemento da planta alta e do almacén por unha cobertura de tella curva. Ademais, substituiranse tanto os falsos teitos como as carpinterías exteriores da planta baixa. As novas carpinterías serán de PVC e contarán con acristalamento dobre.

No caso das Travesas, replicaranse as actuacións para mellorar o illamento térmico exterior, colocaranse elementos de protección de madeira e unha cuberta na parte superior mediante falso teito.

En palabras do executivo, “estes dous proxectos servirán para mellorar estas instalacións, garantindo un maior confort térmico e alcanzando, ademais, un importante aforro non consumo de enerxía”.

FOTO CARRAL- Obras en locales de San Vicente y As Travesas

Hoxe máis que nunca debemos estar unidos pola dislexia. O Concello de Carral como institución adherida á campaña do día internacional da dislexia promovida por DISFAM (FAMILIA E DISLEXIA) e FEDIR (FEDERACION ESPAÑOLA DE DISLEXIA) , hoxe 8 de outubro difundimos información sobre o tema para visualizar o que conleva vivir con dislexia. É un trastorno da aprendizaxe que debemos coñecer para que se normalice entre a poboación as situacións ás que deriva telo.

DEFINICIÓN DE DISLEXIA: É un trastorno da aprendizaxe da lectoescritura, de carácter persistente e específico, que se da en nenos que non presentan ningún hándicap físico, psíquico nin sociocultural e a súa  orixe parece derivar dunha alteración do neurodesenvolvemento.

 

Horizontal-Español-FEDIS

Pinchar no seguinte enlace:

Dúbidas sobre a dislexia

O martes 13 de outubro ata o 31 de decembro é a campaña de vacinación contra a gripe. Este ano vacinarse é máis importante que nunca. Porque cando te vacinas protéxeste e protexes ao resto.

Pide cita no teu centro de sáude 981672186.imagen_app_pequeña_MAIORES