As persoas beneficiarias das axudas dos Programas do Bono Alugueiro Social e do Bono Alugueiro para vítimas de violencia de xénero non teñen que realizar ningún pago no mes de abril ás persoas propietarias das vivendas.

A Xunta de Galicia pagará, íntegramente, o importe da renda de alugueiro durante o mes de abril. En consecuencia, quedan eximidos da obriga de presentar o recibo correpondente ao citado mes.

As persoas que precisen máis información poden chamar ao teléfono 678338896.

 

BONO ALUGUEIRO SOCIAL

Mercaproximidade é unha canle de comunicación entre produtores e compradores. Esta vía está dispoñible para os seguintes colectivos: produtores de froitas, verduras, mel, produtos apícolas, gandeiros de vacún, porcino, caprino e ovino e para as industrias transformadoras que obteñen unha porcentaxe dos seus ingresos superior ao 50% do sector da hostelería e dos mercados, cerrados actualmente. O único requisito é estar dado de alta no REAGA.

As persoas que precisen máis información poden chamar ao teléfono 678 33 88 96.

 

MERCAPROXIMIDADE 2

O departamento de Cultura realizou unha avaliación do calendario de accións que se levaron a cabo ao longo de todo o 2019. A programación cultural experimentou, nos últimos

Fillas Bravas - Chévere - Carral

Fillas Bravas – Chévere – Carral

anos, unha tendencia de crecemento, tanto no número de propostas como en cifras de asistencia.
Unha das conclusións máis positivas que indica o estudio é a tendencia de crecemento que a programación cultural experimentou nos últimos anos –tanto en número de actividades como en cifras de asistencia-. Así, tal e como sinala o documento, o Concello organizou, durante o 2019, un total de 73 actividades ás que acudiron 5.314 veciños e veciñas do municipio. En contraposición, en 2015 leváronse a cabo un total de 50 actos culturais que congregaron a 3.452 participantes.
No estudo fíxose unha distinción en función da tipoloxía das iniciativas, dividíndoas nas seguintes categorías: teatro, maxia, títeres e monólogos; contacontos; cine; danza; música; exposicións; festas; obradoiros e escolas e outros –conferencias, club de lectura, etc.-. De todas as propostas realizadas, o concerto de The Cerne foi a que acadou a mellor cifra en canto a número de espectadores (450, en total).
Moitas das propostas están englobadas dentro de programas como a Rede Cultural da Deputación da Coruña, Cultura no Camiño, Ler conta moito, Rede de Normalización Lingüística, Festival Galicreques e o Encontro de Música de Pulso e Púa. Porén, 37 foron de organización propia ou en colaboración con outras institucións.
Por último, o documento presenta algunhas das conclusións e aspectos a mellorar. Para o período actual e para vindeiros exercicios, o departamento de Cultura márcase, entre outros, os seguintes obxectivos:
•    Cubrir a oferta cultural nos meses de menos programación, sobre todo, no primeiro semestre do ano.
•    Valorar a posibilidade de organizar espectáculos de danza na rúa.
•    Consolidar os ciclos de artes escénicas, de cine, festivais, etcétera, que xa obtiveron bos resultados en pasadas edicións.
•    Fomentar a oferta musical con espectáculos atractivos e seguir coa estratexia de concertos didácticos cos que crear novos públicos.
•    Deseñar unha oferta de obradoiros que permita atender a demanda por actividades que mesturen formación e lecer.

Pódese acceder ao informe premendo aquí.

Instituto Galego de Vivenda e Solo publicou, no DOG do mércores 8 de abril de 2020, a convocatoria de Axudas destinadas ao aluguer para vítimas de violencia de xénero. O prazo de solicitude comezará ao día seguinte da publicación desta resolución no DOG, e rematará o 11 de decembro ou ata o remate dos fondos.

Máis información no servizo de Medio Ambiente do Concello de Carral ou no teléfono 981 67 00 02.

Bando Axudas destinadas ao aluguer para vítimas de violencia de xénero

Convocatoria do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero

 

Atendendo ás recomendacións da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, infórmase do seguinte:

  • O Concello de Carral sinalizará, en canto sexa posible, todas as fontes con billa do termo municipal.
  • Desaconséllase aos veciños e veciñas o consumo de auga procedente destas fontes mentres dure a alerta sanitaria, xa que non se pode asegurar a desinfección destes elementos.

 

INFORMACION FONTES

O alcalde do Concello de Carral e membros do goberno local visitaron ás persoas maiores do municipio, un dos colectivos máis vulnerables fronte ao coronavirus.

Con estas visitas buscouse cumprir varios obxectivos: comprobar como se atopan os veciños e veciñas máis maiores do municipio,  saber se precisaban algo e informarlles, persoalmente, do servizo de entrega a domicilio de produtos de primeira necesidade como alimentos e medicamentos –unha prestación que o Concello ofrece desde o inicio do confinamento-.

Por último, o goberno local tamén lles entregou aos veciños e veciñas máis maiores material de protección, como máscaras e guantes.

 

FOTO CARRAL- Visitas as persoas maiores do municipio 1

O servizo de Medio Ambiente do Concello de Carral informa de que, aínda no estado de alarma, o persoal do SEAGA ou de Protección Civil seguirán levando a cabo a retirada dos niños de velutina usando, en todo momento, o equipamento apropiado.

Os avisos deberán realizarse empregando os teléfonos 678 33 88 96 ou 012.

 

O equipo do Servizo de Atención Temperá do Concello de Carral preparou un vídeo para crear un Arcoiris sensorial. Trátase dunha actividade ideal para traballar a estimulación sensorial dos nenos e nenas durante o confinamento.

EDUCACION INFORMA….
📣📣📣📣IMPORTANTE!!
Dende mañan ata o dia 📣6 DE ABRIL se abre prazo para solicitar:
Axudas a alumnado que era beneficiario do comedor escolar

➡️➡️ ás familias do alumnado que posúe a condición de 🎯COMEDOR GRATUITO  e

do que por renda familiar resulta  🎯PAGADOR DE COMEDOR DA CANTIDADE DE  1 EURO nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.
Para solicitalos hai varias formas:
➡️➡️Por medios electrónicos: dni electronico, certificado electrónico ou solicitar o que se denomina Chave 365 que se pode solicitar presencialmente co DNI no centro de Saude de Carral ( a mellor hora son ás 11 ou a partir das 13 h porque hai menos xente)
➡️➡️➡️➡️As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo en que se escolarizan as/os súas/seus fillas/os colaboren na formalización da solicitude. Para estes efectos, os centros con comedor escolar habilitarán un horario especifico que anunciarán ás familias.
➡️➡️➡️➡️ O Departamento de Educacion do Concello deCarral pon á vosa disposición o número directo 678338872 para realizar o trámite sempre que se teña a clave Chave365. 

Quen coñeza familias nesta situación é importante difundir esta información. A Xunta aboará as cantidades correspondentes ao comedor escolar durante a duración do estado  de alarma. As cantidades que se aboarán serán de 2.50 por dia lectivo para o alumnado que non pagaba nada e de 1,50 por dia lectivo para os que tiñan que pagar 1E

PAra máis información chamade a Educación do Concello 678338872 en horario de 8.00-15.00. RECORDADE 1 SEMANA DE PRAZO DENDE MARTES 31 DE MARZO ATA 6 DE ABRIL.