O novo equipo de goberno recibiu esta semana a resposta ás alegacións ao Plan de Transporte Público da Xunta presentadas no mes de agosto. A Consellería de Transporte e Mobilidade anunciou, hai uns días, importantes novidades en materia de mobilidade que supoñerán, tal e como indican desde o goberno local, “unha gran mellora nos desprazamentos diarios dos veciños e veciñas de Carral”. Entre elas, alcanzou o compromiso da Xunta para reforzar as liñas que conectan Carral coa Coruña, Betanzos e Cambre. Con todo, tal e como sinala o equipo de goberno, “aínda quedan moitas cousas que mellorar en materia de transporte”. Así mesmo, tal e como puntualiza o goberno, “algunhas dás peticións que fixemos non se responderon coas condicións esixidas”.

Por unha banda, o goberno conseguiu a mellora da conexión cos institutos de Betanzos mediante a ampliación da liña Xeixade-Betanzos a Tabeaio e a adaptación do horario da mesma. No mes de agosto, o equipo de goberno solicitou, precisamente, a ampliación desta liña para que pasase por Tabeaio, segundo núcleo con maior poboación de Carral. O goberno local lamenta que, a pesar das súas reiteradas peticións, esta parroquia siga sen ter conexión directa co IES David Buján (Cambre).

Esta liña é moi utilizada polos mozos que estudan nos institutos da cidade. Por esa razón, o goberno segue vendo as frecuencias do autobús “moi xustas”.

Doutra banda, lográronse seis novas expedicións na liña que une o municipio coa Coruña (catro máis de luns a venres e dous os domingos e festivos). Así mesmo, o goberno alcanzou o compromiso de que se mellorará a funcionalidade dos roteiros que conectan o municipio coa Coruña mediante a alternancia de expedicións entre as liñas que teñen como orixe Carral (Panteón) e Santa María de Vigo.

Outra das solicitudes do goberno local foi a mellora da liña Os Campóns- Carral (Panteón), que os veciños e veciñas utilizan para acudir ao PAC de Cambre. O goberno conseguiu catro novas expedicións que se realizarán durante as fins de semana e festivos.

Unha das novidades máis importantes será para os veciños e veciñas de Cabrois, que dispoñerán dunha parada nas liñas que conectan Entrexardíns e a Urbanización Monte Xalo.

Tal e como explica o goberno, a conexión das parroquias de Carral co núcleo urbano segue sendo “unha conta pendente, e seguiremos traballando para conseguilo”. Ademais, o equipo de goberno segue vendo “insuficiente” a conexión do concello cos hospitais da Coruña (CHUAC, Materno e Abente e Lago).

Por último, o goberno conseguiu que se inclúa unha parada antes do outlet do Corte Inglés e outra no Polígono Vos Capelos.

O novo equipo de goberno do Concello de Carral pon en marcha o novo proxecto Premio 8 de marzo, unha iniciativa coa que se busca conseguir varios obxectivos: por unha banda, visibilizar e poñer en valor o papel das mulleres do municipio e, polo outro, promover o seu empoderamento. Baixo estas premisas, o goberno local busca crear un espazo público de recoñecemento ás mulleres de Carral pola súa contribución en diferentes ámbitos –persoal, social ou profesional-.

O funcionamento do premio é sinxelo. Os veciños e veciñas, asociacións e entidades rexistradas no Rexistro Municipal do Concello de Carral poderán presentar como candidata a calquera muller vinculada ao municipio –xa sexa por nacemento ou por vinculación persoal, laboral ou profesional-. As candidaturas deberán presentarse no rexistro do Concello por escrito, e deberán ir acompañadas da seguinte documentación: biografía da candidata, xustificación da proposta e de calquera documento que apoie a súa proposta. O prazo de presentación de solicitudes rematará o vindeiro venres, 14 de febreiro.

Unha vez recibidas todas as candidaturas, un xurado elixirá á gañadora do recoñecemento. Ao non poderse constituír o Consello da Muller de Carral, o tribunal estará composto pola concelleira de Igualdade, por un ou unha representante de cada grupo político que se presentou ás últimas eleccións e por unha das traballadoras sociais do Concello.

Como broche final desta iniciativa, realizarase unha homenaxe en recoñecemento á elixida coincidindo coa celebración dos actos institucionais do Día da Muller.

Bases Premio 8 de marzo Concello de Carral

Bases Premio 8 de marzo Espazo de Recoñecemento e valor social ás mulleres do Concello de Carral.

Poderán ser presentadas como candidatas calquera muller vinculada ao noso concello, ben sexa por nacemento ou vinculación persoal, laboral ou profesional. Pódense acreditar méritos de tipo social, laboral, solidario, familiar, de coidados, etc. que supoñan un referente para a cidadanía.
As candidaturas deberán ser presentadas ou propostas por escrito, ben por unha persoa a título individual ou a través dunha asociación ou de calquera entidade rexistrada no Rexistro Municipal de Entidades. As propostas irán
acompañadas da biografía da candidata, xustificación da proposta, así como toda a documentación que se considere xustificativa.
As candidaturas deberanse presentar no rexistro xeral do Concello de Carral.
Convocatoria Mulleres de Carral
Rexistro Xeral
Concello de Carral
Campo da Feira, s/n
15175 Carral.
O prazo de presentación de candidaturas finaliza o
14 de febreiro de 2.020 ás 23:59 horas.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou, nos últimos días, as bases reguladoras das axudas ao estudo do Concello de Carral. Por medio desta medida, o goberno local destinará 10.000 euros dirixidos a alumnos e alumnas de diferentes etapas educativas matriculados durante o curso 2019/2020.

O obxectivo desta liña de axudas é colaborar coas familias do municipio, axudándoas a afrontar os gastos derivados dos estudos de 2º ciclo de educación infantil, do alumnado de educación postobligatoria -ciclos formativos, bacharelato ou similares- e de estudos universitarios oficiais.

No caso de infantil, destinarase unha contía de 3.600 euros. A contía das axudas que se establecen será dun mínimo de 30 euros por persoa e de ata un máximo de 70 euros por beneficiario.

Para a formación postobligatoria e formación profesional básica a partida será de 3.000 euros. Establécese un mínimo de 40 euros por persoa beneficiaria e un máximo de 150 euros.

Por último, a liña dedicada a estudos universitarios ascenderá a 3.400 euros. Cada usuario poderá recibir un mínimo de 50 euros e un máximo de 200 euros.

As persoas interesadas en recibir máis información deberán contactar co departamento de Educación no teléfono 981 61 35 20.

Co obxecto de que as persoas e grupos que desexen participar na festa do Entroido de Carral saiban como proceder, a Concellería de Cultura publica as bases que poden descargar a continuación:

Bases concursos Entroido Carral 2020

 

BOP 29 XANEIRO 2020 BOP NUM 19

CONCELLO DE CARRAL EDUCACIÓN

Aprobáronse as bases reguladoras que rexerán a concesión das axudas para o estudo aos /ás estudantes matriculados durante o cruso académico 2019/2020 empadroados no municipio de Carral.

Requisitos:

1.–Estando empadroados/as no concello de Carral, as persoas que se atopen nalgunha/s das circunstancias seguintes:
2.–Estudantes de 2.º ciclo de educación infantil que cursen os seus estudos durante o curso 2019/2020 en centros
de carácter oficial, públicos ou concertados.
3.–Estudantes que se atopen nalgunha/s das seguintes circunstancias:
3.a).–Estaren matriculados/as en calquera curso dos estudos de educación postobrigatoria (ciclos formativos, bacharelatoou similares) durante o curso 2019/2020 nun centro de carácter oficial, público ou concertado.

3.b).–Estaren matriculados/as na formación profesional básica durante o curso 2019/2020 nun centro de carácter
oficial, público ou concertado.
4.–Estaren matriculados/as durante o curso 2019/2020 en calquera curso das seguintes ensinanzas universitarias
do sistema universitario español realizados en centros españois, públicos ou privados, con validez no territorio nacional:
ensinanzas conducentes a títulos oficiais de Grao ou Mestrado/Máster (non Doutoramento); ensinanzas universitarias conducentes
aos títulos oficiais de Licenciado/a, Enxeñeiro/a, Arquitecto/a, Diplomado/a, Mestre/a, Enxeñeiro/a Técnico/a
e Arquitecto/a Técnico/a.
III.2.–Non poderá ser beneficiario das axudas ás que se refire esta convocatoria o persoal das Administracións Públicas beneficiario doutra axuda de calquera Administración Pública para o mesmo concepto ou os estudantes que perciban calquera outra axuda de calquera Administración Pública para o mesmo concepto por seren o/s seu/s pai, nai ou titor/a persoal das Administracións Públicas.

 

O PRAZO PARA ENTREGAR AS SOLICITUDES NO REXISTRO DO CONCELLO DE CARRAL AÍNDA NON ESTÁ ABERTO. EN CANTO ESTEA, SERÁ PUBLICADO MEDIANTE REDES SOCIAIS E WEB

 

Para máis información no departamento de Educación na  2ª planta Edificio Social Toñito Espiñeira 981613520-678338872

Bases reguladoras axudas ao estudo 2019/2020

A Consellería de Medio Rural, publica:

 

Axudas para investimentos nas explotacións agrícolas, a creación de empresas por agricultoras mozas e a creación de empresas para o desenvolvemento de explotacións.

 

Prazo: hasta o 28 de febreiro

Máis información no Servizo de Medio Ambiente do Concello ou no teléfono 981670002

 

AnuncioG0426-201219-0002_gl

Cartel Cociña Entroido 2020.A Concellería de Cultura ofrece un novo obradoiro de tres horas para aprender receitas que aproveitan a moita comida que sobra durante as celebracións do Entroido.

O curso será impartido polo chef Diego Pita no Centro de Formación Antón Fraguas os días 17 e 19 de febreiro.

Para máis información e inscricións, as persoas interesadas deberán dirixirse á Casa da Cultura.

As prazas son limitadas.

A segunda sesión do ciclo de películas documentais galegas que acolle a Casa da Cultura, será presentada polos directores do documental Estruturas. Pel contra pel, Xosé Bocixaestrutura 15x844 e Paco Gallego. A proxección comezará ás 20:30 h. O aforo é limitado.

Este documental analiza como ten sido a intervención do ser humano coas súas construcións na paisaxe galega e cal é o resultado que actualmente vivimos.

Unha vez finalizada a proxección do documental, os autores do filme manterán un coloquio cos espectadores.

A Axencia Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), publica:

– DOG 15 do xoves 23 de xaneiro de 2020

Axudas a particulares para o uso de enerxías renovables mediante instalacións de biomasa, xeotermia, aerotermia e solar térmica

Máis información no servizo de medio ambiente do Concello ou no teléfono 981670002

 

AnuncioG0474-181219-0001_gl AnuncioG0474-181219-0002_gl AnuncioG0474-181219-0003_gl AnuncioG0474-181219-0004_gl AnuncioG0474-181219-0005_gl AnuncioG0474-181219-0006_gl AnuncioG0474-181219-0007_gl