O luns 22 de abril saíu publicada no DOGA a CAMPAÑA DE VERÁN da Xunta para este ano, destinada a rapaces e rapazas de entre 9 e 17 anos.

A CAMPAÑA DE VERAN da Xunta, trátase dun programa de actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo durante os meses de xullo e agosto, de diferente días de duración e en diferentes lugares da xeografía galega e doutras comunidades autónomas.

O prazo para presentar as solicitudes para participar nesta campaña remata o 7 de maio, e podes consultar as bases, as datas e os prezos dos campamentos en www.xuventude.net, ou pasándote pola OMIX (oficina municipal de información xuvenil – Casa da Cultura, teléfono 981.67.25.80), ou no Local da Xuventude (r/ Alcalde Juan Seijas, nº 8, baixo, teléfono 981.11.70.20) de 16 a 20 h. de luns a venres. Tamén a través do correo electrónico omix@carral.es

Imaxe (cartel)

Alumnos do IES reciben premios polos seus carteis dedicados ás mulleres a historia

O Edificio Social Toñito Espiñeira acolleu a entrega de premios e diplomas do concurso de cartelería no que participou o alumnado do IES de Carral. Os e as participantes neste certame, organizado polo instituto coa colaboración do Concello de Carral, elaboraron carteis coas figuras femininas que consideraron máis importantes, non só ao longo da historia, senón tamén na actualidade. A creación das obras estivo enmarcada nun proxecto que pretendía poñer en relevo a ausencia das mulleres nos libros de texto nos institutos.

No concurso participaron os alumnos e alumnas de todos os cursos da ESO, que recibiron un diploma. A gañadora de 1º da ESO foi María Torreiro, co seu debuxo da artista Frida Kahlo. O premio en 2º curso levoullo Amase Fernández, coa imaxe de Hedy Lamarr, actriz e inventora austriaca. En 3º a gañadora foi Carolina Brea, que levou o galardón poñendo como protagonista a Valentina Tereshkova, astronauta e política rusa. Por último, o triunfo en 4º foi para Martina Torreiro e o seu cartel de Sojourner Truth, activista que loitou polos dereitos da muller.

“É un orgullo ter rapaces e rapazas con este tipo de iniciativas. Debemos seguir traballando para acadar unha igualdade real entre homes e mulleres”, declarou o alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, presente no acto. Tamén acudiu ao evento a concelleira de Educación, Traballo e Benestar, Florinda Duarte, que explicou o difícil que foi para o xurado decidir quen eran os galardoados, “todos son realmente gañadores desde ou momento en que decidiron Concello de Carral facer este fermoso traballo”, expresou. Á entrega de premios asistiu tamén a directora do IES de Carral, Verónica Mosquera, xunto a algúns dos profesores do centro.

 

Carral consegue os terreos para crear un novo espazo multiusos na rúa Manuel Jesús Méndez Búa

O Concello de Carral contará cun novo espazo multiusos na rúa Manuel Jesús Méndez Búa. O alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, asinou un convenio cos propietarios da leira para a cesión destes terreos, que contan cunha extensión total de 4.879 metros cadrados.

A parcela está situada no núcleo urbano de Carral, á beira do edificio social Toñito Espiñeira e a escasos metros da Casa Consistorial e do Campo da Feira de Carral. Este terreo servirá para crear un novo espazo multiusos no que se habilitará, inicialmente, unha zona de aparcadoiro con capacidade para 200 coches.

Con todo, o goberno local expón tamén que o espazo sirva para celebrar eventos e mesmo para acoller a feira do municipio dos días 4, 13 e do último domingo de cada mes. O rexedor carralés indicou que se trata “dun importante logro que permite sumar un novo espazo para ou uso e goce de todos vos veciños e veciñas”.

O Instituto Enerxético de Galicia publica no:

– DOG nº67 do mércores 5 de xaneiro de 2019

Axudas a particulares para paneis solares

PRAZO: DO 15 DE ABRIL AO 1 DE XULLO, AGÁS QUE SE PRODUZA ESGOTAMENTO DE CRÉDITO.

Máis información no servizo de Medio Ambiente do Concello ou no teléfono 981670002.

AnuncioG0474-020419-0001_gl

AnuncioG0474-210219-0002_gl

AnuncioG0474-210219-0003_gl

Sesenta alumnos do Vicente Otero Valcárcel convértense en concelleiros por un día

Máis se sesenta alumnos de 5º de primaria do Vicente Otero Valcárcel convertéronse, o xoves 11 de abril, en auténticos concelleiros e alcaldes por un día. Os pequenos, divididos en grupos, formaron tres partidos políticos -Partido Local de Carral, Partido Igualitario e Partido Liberadores-.

Sesenta alumnos do Vicente Otero Valcárcel convértense en concelleiros por un día

Os pequenos formaron tres partidos políticos

 

Por cada formación había un candidato á alcaldía que se encargou de presentar ante o resto dos seus compañeiros as súas propostas de goberno. Durante a actividade, os mozos políticos votaron cal era o mellor candidato para asumir a alcaldía de Carral. Finalmente, tras a votación dos asistentes, saíu elixido un pequeno rexedor con grandes propostas para o concello. O alcalde do Concello, José Luis Fernández Mouriño, felicitou ao novo rexedor por conseguir a vitoria.

Sesenta alumnos do Vicente Otero Valcárcel convértense en concelleiros por un día

O alcalde felicitou ao pequeno rexedor pola vitoria

Unha vez finalizado o pleno, os nenos e nenas, acompañados pola concelleira de Educación, Traballo e Benestar, Florinda Duarte, e por persoal do departamento de Educación, percorreron a Casa Consistorial coñecendo as diferentes áreas.

 

alfonbraMaxicaO programa Papeques 2019 conclúe esta semana con dúas funcións que terán lugar na sala do edificio social Toñito Espiñeira de Carral.

Camiños é un espectáculo musical e un libro-disco a cargo de Magín Blanco, un dos mellores músicos e compositores de Galicia dedicados ao publico infantil e xuvenil. Camiños é unha metáfora da vida onde conflúen música, teatro, poesía e contos, para estimular e enriquecer a imaxinación e a creatividade dos nenos. Este espectáculo terá lugar o xoves 11 de abril, ás 18:00 h. e está dirixido a público infantil e familiar.

Títeres Babaluva presentará para bebés (de 0 a 3 anos) A alfombra máxica, un lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfactiva onde a artista plástica convida aos máis pequenos e pequenas a mergullarse nunha viaxe sensorial. Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver, saborear… As prazas para asistir a este espectáculo sensorial son limitadas, polo que é necesario recoller previamente as entradas na Casa da Cultura. A alfombra máxica presentarase o venres 12 de abril ás 18:00 h.

Con estas dúas funcións finaliza a segunda edición deste ciclo de cine e espectáculos infantís, que ata o momento conseguiu un total éxito de público.

Contacontos, agasallos, visitas, lecturas … durante este mes as bibliotecas do Concello de Carral celebran o día do libro cun montón de actividades para todas as idades.unhas botas-web

Os nenos da escola infantil “A Galiña Azul” estiveron con nós o día do libro infantil. Visitaron a biblioteca e compartimos xogos e lecturas.

Para os alumnos de infantil do CEIP  Vicente Otero e o CEIP de Tabeaio, Trinketrinke Teatro ten preparada unha sesión moi especial. A biblioteca municipal recibirá ós nenos de tres a cinco anos que gozarán con dúas sesións: O Rato Canguro e Paxariños. Será o día 24 de abril.

Non podemos esquecer o contacontos do último xoves de mes, o 25 de abril, Unhas botas misteriosas con Pillo e Carolina. Será na Biblioteca Municipal ás 18:00 horas e será necesario retirar convites 48 horas antes.

Durante este mes comezamos a VIII campaña Libros Solidarios que se estenderá dende o 15 de abril ata o 7 de maio e na que todos os interesados poderán entregar nas bibliotecas libros usados en bo estado.

A finalidade desta campaña é que durante a Festa do Pan (que se celebrará na nosa localidade os días 10 e 11 de maio) estes libros, se cambien por alimentos non perecedeiros que os Servizos Sociais do Concello repartirán entre os máis necesitados.

Por outra banda todos os usuarios que durante este mes se acheguen polos bibliotecas terán a oportunidade de levar un libro como agasallo.

Hoxe 5 de abril publicaronse as bases reguladoras das axudas ao estudo do Concello de Carral para o curso 2018/2019.

Destinaranse 10.000 euros a axudas para estudantes matriculados en:

Educación infantil

Educación postobrigatoria/formación profesional básica

Educación universitaria

Os requisitos, formularios e documentación necesaria poden obtelo no seguinte enlace ou no Edificio Toñito Espiñeira 981613520.

Bases